
CONVOCA A REDE SOCIAL GALICIA SURCADEA HUMANA A FAVOR DAS PERSONAS SEN FOGAR “ABRAZEMOS A GOTA DE LEITE “ TRAS A MORTE DE CINCO PERSOAS NO QUE NO VAI DE ANO NAS RÚAS DE VIGO, A REDE SOCIAL GALICIA SUR CONVOCA UNHA CADEA HUMANA AO REDOR DO EDIFICIO DA GOTA DE LEITE, O VINDEIRO MÉRCORES 18 DE FEBREIRO, ÁS 19 HORAS, PARA ESIXIR ÁS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS A CREACIÓN INMEDIATA DUN ALBERGUE PÚBLICO NA CIDADE. A cidade de Vigo dispón dunha oportunidade inmellorable para atender a demanda urxente de atención as persoas sen fogar no emprazamento do edificio da Gota de Leite. Dende a Rede Social Galicia Sur consideramos que é a opción máis factible con menor custo e de posta en marcha máis sinxela e rápida, que atenderá con mellor calidade ás necesidades das persoas sen fogar. A creación do albergue público xa foi aprobado en pleno municipal no ano 2004 e transcorreron case cinco anos e non se puxo en marcha a pesar de que a Xunta anunciou en repetidas ocasións a súa creación. Esiximos que, de inmediato, o Albergue sexa un proxecto de cidade independentemente de quen o lidere ou xestione e que non se converta nun expediente administrativo máis. Na actualidade máis de 300 persoas malviven nas rúas de Vigo. A primeira cidade de Galicia, non pode permitirse que se repita o acontecido nestes meses, no que vai de ano morreron na rúa ao menos cinco dos nosos veciños/as. Como movemento social non podemos permitir que se siga a negociar coa pobreza. Por iso convocamos a cidadanía viguesa á construción dunha cadea humana que abrazará o edificio da Gota de Leite como acto simbólico de apoio e reclamación da urxente necesidade de creación dun Albergue Público e Centro de Emerxencia Social na cidade de Vigo SÚMATE , PÁSAO....É COUSA DE TODOS/AS Mércores 18 de febreiro as 19:00 horas Na entrada principal da “Gota de Leite” Ronda de Don Bosco, nº 1 As organizacións que formamos parte da Rede Social Galicia Sur e que apoiamos esta acción somos: Amarante, Aida, Axuda en Acción, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Comité Oscar Romero, Dar Máis, Educación Sen fronteiras, Emaús Fundación Social, Entreculturas, Enxeñería sen fronteiras, Fundación Balms, Fundación Proclade, Fundación Secretariado Xitano, Grupo VIH/SIDA e adiccións “O Imán”- Sereos, Implicad@s no desenvolvemento, Intermón Oxfam, Jóvenes en favor del Tercer Mundo, Médicos do Mundo, MunDos Cooperativa de Comercio Xusto, Seminario Galego de Educación para a Paz, Solidariedade Internacional, Solidarios para o desenvolvemento, Taller de Solidariedade e Verdegaia.
|