>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Foliada Cultural en Celanova

Ver en Facebook

(ultima actualización: 7 / 7 / 18 )





Este sábado, 7 de xullo de 2018, terá lugar en Celanova unha nova edición da FOLIADA CULTURAL. Un percorrido no que o patrimonio de Celanova se mestura co son da música tradicional.

Este evento tivo como inicio as foliadas organizadas por iniciativa espontánea dun grupo de persoas amantes da música tradicional e músicos coma Alexandre Ruíz, nas que se convidaban a veciños e visitantes a unirse a unha xornada festiva coa música tradicional como protagonista polas distintas tabernas e bares de Celanova. Desde fai seis anos a colaboración do Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez engade un atractivo maior a este percorrido inicial incorporando visitas culturais coa intención de que a música tamén chegue a puntos como a Casa dos Poetas e ó Alcázar de Milmanda.

Esta ‘Foliada cultural’, aberta a todo aquel que queira participar traendo un instrumento, cantando ou simplemente aportando bo humor, ten como punto de inicio a Casa dos Poetas. Ás 12 horas os asistentes realizan unha lectura informal de poemas. A partir deste momento a música das gaitas, das pandeiretas e as cancións tradicionais percorrerán as rúas de Celanova polos establecementos colaboradores da vila como son a Taberna O Tellado, Restaurante o Forno do Lito, Casaberta, Bar Los claveles, A burguesiña do administración, Bar tapería O que faltaba, Café bar Bohemia, Bar Plaza, Café Bar Espolón, Novo administración café, Cafe bar Londres tapería, Café bar América, Bar tapería A Esmorga, Tapería Gaia, A Adega do Iván, Mesón Vieira, Bar Parderrubias e Bodegón Trigal.

Ás 18:00 realizarase unha visita guiada polo Alcázar de Milmanda, lugar moi vinculado á obra dos autores ccelanoveses a través de “El maestre de Santiago” de Manuel Curros Enríquez, onde ubica a maior parte da historia e de “Arnoia, Arnoia” de Xosé Luís Méndez Ferrín. Unha vez finalizada esta visita continuarase ata a noite o percorrido polos establecementos.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal