>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Praza dos Libros de Carballo 2018

Ver en Facebook

(ultima actualización: 5 / 7 / 18 )





Concertos infantís d@s músic@s favoritas da rapazada, como Pablo Díaz, Paco Pakolas, Mamá Cabra ou Paco Nogueiras. Presentacións e sinaturas de libros cos autores e coas autoras máis relevantes do momento, como Pedro Feijoo, Rosalía Fernández Rial, Manuel Rivas, Enma Pedreira, Xan Fraga, Eli Ríos, Mercedes Queixas, Héctor Pose, Anaír Rodríguez, Miro Villar, Beatriz Fraga... Catro días de imaxinación, creatividade, animación, contacontos, música, libros, presentacións, lingua, premios (máis de 500 premios, si, 500!, como camisolas, libros, chapas, chaveiros, discos...) e moitas outras propostas que encherán de ilusión Carballo. Unha feira da creatividade cultural que se abrirá co pregón da cantora de raíces carballesas SES e que procura achegarlle á cidadanía a creación galega e propostas frescas do ámbito literario, musical e, en definitiva, artístico.

E, ademais, o xoves pola mañá daremos a lata (de atún Calvo) e o domingo, con cada libro, un pan! Todo isto fundido estes dous días coa feira tradicional de Carballo... Unha festa de ideas!

O programa completo da Praza dos Libros de Carballo 2018 pódelo descargar aquí














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal