>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XXXIV Festival Intercéltico do Morrazo

Ver en Facebook

(ultima actualización: 5 / 7 / 18 )





Presentamos o cartel do XXXIV Festival Intercéltico do Morrazo a celebrarse entre o 26 e o 28 de xullo. Coas actuacións dos grupos e bandas de Moaña Acf Solaina, Meiramar Axóuxeres, Asociación Cultural e folclórica Charaviscas, Gaiteiros de Moaña, Moañesa de Música e Danza, Breogán de Moaña, os galegos Budiño e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, os bretóns PLANTEC e os escoceses Project Smok e Capercaillie.
Para completar esta gran edición do FIM, realizaranse actividades paralelas como a Mostra de instrumentos tradicionais, clases maxistrais de música, de baile galego e de danzas do mundo, e un DJ Folc que pechará a última xornada.
Organizado polo Concello de Moaña co patrocinio de Mahou e da Deputación de Pontevedra a través dos programas Pontegal e Musigal.
Deseño de Diego Seixo.



Paseo Marítimo de Moaña
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal