>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Serán'01 en Compostela

(ultima actualización: 7 / 6 / 18 )





Venres 8 de xuño ás 16:00h
Cidade da Cultura de Galicia.
Monte Gaiás Cidade Da Cultura, S/N.
Santiago de Compostela.


O "Serán'01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional" reunirá na Cidade da Cultura de Galicia entre o 8 e o 10 de xuño a todo o sector do folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal.

O encontro contará con máis de 40 actuacións e ata un milleiro de artistas nun evento cultural de primeira orde, onde se amosará toda a nosa riqueza etnográfica, folclórica e creatividade tradicional, tanto amadora como profesional. Baixo a dirección artística de Quique Peón, o encontro nace para conmemorar a próxima declaración do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural, procedemento que vén de iniciar a súa tramitación.

Ao longo dos tres días, o Gaiás acollerá múltiples actividades, todas elas de balde e relacionadas coa cultura popular e a danza e a música tradicional.

Organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, coa colaboración de Agadic.



Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás Cidade Da Cultura, S/N. Santiago de Compostela.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal