
O vindeiro 12 de Maio celebramos a II Foliada de Bama, no concello de Touro. A partir das 19h, Obradoiro de Baile Tradicional (de balde). A partir das 20h Foliada cos grupos A Pinguela de Bama, Pandereteiras da Baña, Sarillo de Aiazo, Esvola Oct Ultreia, O Ghusto do Boi, Pandereteiras da A.C. Rosalia de Castro de Cacheiras, Enxebres de Cacheiras, Faiscas da Pontraga, Aldomir e fin de festa co concerto de Tanto Nos Ten. E despois.....foliada aberta. Haberá carpa, cantina con prezos populares, bocadillos, sorteos e moita moita festa.
Animádevos a vir pasalo ben a II Foliada de Bama.
Organiza: A.C. A Pinguela de Bama
|