>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Concerto Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Burela

Ver en Facebook

(ultima actualización: 9 / 5 / 18 )





Xoves 17 de maio ás 19:30h
Auditorio-Casa da Cultura de Burela.
Pardo Bazán, nº 6 - Baixo.
Burela.


Tras rematar a súa xira por terras xermanas Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre darán un concerto na Casa da Cultura de Burela para celebrar o Día das Letras Galegas.
Será o Mércores 17 de Maio ás 19:30 horas cando presentarán na nosa vila "Noró" (Norte), o seu novo disco, un espectáculo con 15 músicos en escena para un poderoso directo coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 11 cantoras e percusionistas (Cristina Pico, Iria Penabad, Montse García, Patricia Gamallo, Maite López, Noemí Basanta, Carolina Vázquez, Bea Mariño, Lidia Sanmartín, Gisela Sanmartín e Mariña García) están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).
Humildes e poderosos a un tempo. Adufes, pandeiretas, cunchas, pandeiras. Todo un exército de parches para montar unha foliada de dimensións ciclópeas.
Entradas xa á venda en Entradas Ataquilla.com https://goo.gl/wZNGTs, proximamente na Biblioteca Municipal e no Restaurante Mis en Plas.



Auditorio-Casa da Cultura de Burela. Pardo Bazán, nº 6 - Baixo. Burela.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal