>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Entre soños en Noia

Ver en Malmequer

(ultima actualizaci�n: 27 / 4 / 18 )





Entre Soños é unha obra de baile e música tradicional galega de 80 min de duración, cun elenco artí­stico de 3 bailadores: Fran Sieira, Aida Tarrí­o e Xisco Feijoó (tanto Aida como Xisco compaxinaran a súa laboura de bailarí­ns coa de cantantes de música tradicional nesta obra), ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro dun marco escénico deseñado por Luis Perdiguero (escenografí­a e iluminación) e desde unha visión contemporánea a través dos ollos do director artí­stico David Vilariño (bailarí­n contemporáneo e coreógrafo da Vilarinyo Dance Company).



Deste xeito poderemos ver en escena a figura dunha persoa deitada nunha cama para descansar, como se dunha noite calquera se tratase Pero lonxe de conseguilo é invadido por milleiros de pensamentos, soños e inquietudes. Dentro dos seus soños cobra vida esa valentí­a por conseguir todo o que se propoña, pero tamén ás súas debilidades, medos e frustracións. Unha loita por alcadar ou dar vida a eses soños que nunca puido ou que nunca se atreveu a levar a cabo, á vez que os medos e inseguridades o invaden dicí­ndolle que non son máis que soños que desaparecerán cando desperte desa cama…



Esta personaxe deixarase levar por ese trasgo malo que lle di que se lance ao abismo, que sexa valente e que faga o que o corazón lle pida, pero que a súa consciencia lle impide, e ao mesmo tempo loitará e/ou deixarase guiar por esa voz da temperanza, da tranquilidade, esa voz que lle fai ser consciente de que non son máis que soños e non poderán ser máis ca iso. Escenificando deste xeito encrucilladas nas que cada un de nós nos vimos envoltos nalgún momento das nosas vidas. Esas gañas por perseguir os nosos soños e inquietudes e eses medos que nos paralizan e non nos deixan avanzar…



















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal