>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Tiruleque en Cangas

(ultima actualización: 27 / 4 / 18 )





Sábado 28 de abril ás 22:30h
Salason Cangas.
Rúa Lirio, 30, 36940 Cangas, Pontevedra.
Cangas.


Na primavera de 2002 nace como proxecto TIRULEQUE, consecuencia das inquedanzas musicais de cinco rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional.
Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros- pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de “etiquetas” que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo “música galega” nun intento de clasificar o seu estilo. Neste aspecto, a máxima de TIRULEQUE é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.



Salason Cangas. Rúa Lirio, 30, 36940 Cangas, Pontevedra. Cangas.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- salason -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal