>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Adriana Calcanhotto en Santiago de Compostela

(ultima actualización: 27 / 4 / 18 )





Venres 27 de abril ás 20:30h
Auditorio de Galicia.
Avenida Burgo Das Nacións, S/N.
Santiago de Compostela.

Adriana Calcanhotto estrea o seu novo espectáculo “A Mulher do Pau-Brasil” en Santiago de Compostela o 27 de abril de 2018. Dentro da programación de Compostela Cultura do Concello de Santiago.

Santiago de Compostela será a cuarta cidade que acolla o novo espectáculo da brasileira Adriana Calcanhotto (Porto Alegre, 1965), “A Mulher do Pau-Brasil”. Será o venres 27 de abril no Auditorio de Galicia ás 20.30 horas nun concerto que forma parte da programación do Concello de Santiago.

Este espectáculo será estreado en Lisboa o 10 de marzo, para logo comezar a súa xira nos Azores, continuar no Porto e seguir en Compostela. Nestes concertos, Adriana Calcanhotto será acompañada por Gabriel Muzak (guitarra, mpc e voz), e Ricardo Dias Gomes (piano, baixo e voz).

Esta cantora e compositora foi nomeada Embaixadora da Língua Portuguesa pola Universidade de Coimbra en 2015 e ten desenvolvido un traballo de divulgación e estudo da literatura portuguesa en varias universidades europeas e brasileiras.

Inspirada polo movemento modernista brasileiro dos anos 20, no seu “Manifesto da Poesia Pau-Brasil”, a súa influencia sobre o Tropicalismo, e con base na aprendizaxe, pesquisa e traballos desenvolvidos como profesora e Embaixadora da Universidade de Coimbra, Adriana Calcanhotto creou un novo espectáculo, no cual reflicte todas estas novas experiencias.

Entre fevereiro e junho de 2017, a convite da Universidade de Coimbra, ofreceu clases sobre poesia portuguesa e brasileira, trovadores provenzais, galegos, a invención da lingua portuguesa e a canción popular do Brasil, a par de varios workshops integrados nunha residencia artística.




Auditorio de Galicia. Avenida Burgo Das Nacións, S/N. Santiago de Compostela.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal