>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Rodrigo Romani na Coruña

(ultima actualización: 27 / 4 / 18 )





Venres 27 de abril ás 20:30h
Teatro Rosalía de Castro.
Rúa Rego de Auga, número 37.
A Coruña.


Rodrigo Romani estrea na Coruña o seu novo traballo discográ?co, 'Fios de ouro no ar', un álbum concebido para recrear un xogo sónico de luces e sombras, de penumbras estilísticas, de discursos entreverados con alusións a músicas de diversas orixes nas que a tradición oral da música popular vertebra un producto inconfundiblemente galego. A súa tradución ao directo dá como resultado un concerto de sonoridades delicadas ao mesmo tempo que de?nidamente rítmicas, evocadas pola complexidade de duas arpas combinadas con elementos electrónicos e percusións acústicas unidas ao canto e a ocarina, na que Rodrigo ten demostrado unha especial capacidade de interpretación.

Rodrigo Romaní (arpa, voz, ocarina e programacións), Bea Martínez (arpa segunda) e Xulia Feixoo (percusións).



Teatro Rosalía de Castro. Rúa Rego de Auga, número 37. A Coruña.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal