>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Zenzar e Cuarta Xusta en A Coruña

(ultima actualización: 7 / 4 / 18 )





Sábado 7 de abril ás 23:00h
Forum Celticum Av Acea de Ama 16 b Culleredo A Coruña.


Fórmase no outono de 1987 co nome de Mördor. Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego. O seu primeiro concerto foi no Nadal de 1988 no pub Non sei sendo un sexteto. Mantiveron esa formación ata o ano 1991 cando saíron da banda o teclista Manuel Jesús e o guitarrista Luis. Destes primeiros anos destaca unha gravación en Meirama de 1990, a única que teñen como sexteto, e onde están as súas primeiras cancións e algunhas versións de bandas como Ilegales ou Nacha Pop.

A finais de 1992 gravan a súa primeira maqueta, Contos e lendas de terra adentro, con cinco temas. En 1993 dúas das súas canción aparecen no disco recompilatorio Rock na Costa da Morte, xunto con outras cinco bandas. A mediados de 1993 mudan o nome para Zënzar, debido a motivos legais.

En 1995 aparece a súa segunda maqueta, Fascinados polo prohibido, oito cancións coas que definen máis o son que os fará coñecidos. Nesa época realizan concertos ao lado de bandas xa consolidadas no panorama do rock estatal, como Extremoduro, Platero y tú, Boikot, Manolo Kabezabolo ou Barón Rojo.

No ano 1997, a banda edita o seu primeiro álbum, Disparados ó futuro, con 12 temas gravados nos estudios Fussión de Vigo. Despois da saída do disco realizan unha xira de presentación do mesmo que os levará a facer concertos durante dous anos, entre elas as actuacións nas primeiras edicións dos festivais Alen Galicia na Illa de Arousa, e Santi Rock en Santiago de Compostela. Ese ano tamén aparecen dous temas seus nos recompilatorios Bambán Vol. II e Oito anos de sequestros.

Durante a xira incorpórase a Zënzar o guitarrista Mario Grela. Despois dunha etapa de menor actividade, na primavera do 2001 aparece o seu segundo álbum, baixo o título Todo vai ben, con 13 temas, todos eles en galego. Dous dos temas inclúen as colaboracións do gaiteiro dos Papaqueixos, Xan, e de Rómulo Sanjurjo, acordeonista dos Diplomáticos de Monte Alto. Após o lanzamento a banda embárcase nunha xira de presentación duns 40 concertos por Galicia. Rematada a xira no ano 2002, a banda entra no estudio Bonham da Coruña para gravar oito temas dun novo disco, Rockanrol, que saíu á vente en xuño dese ano.

Despois do lanzamento a banda entra nun período de menor actividade, pero fan o seu primeiro concerto en Madrid e dúas actuacións logo do afundimento do Prestige en Malpica de Bergantiños e Cerceda.

A finais do ano 2004 comezan a traballar no que sería o seu seguinte álbum, pero pouco despois o guitarrista M. Silveira abandona a banda.. No 2006 entran no estudio de Xabier Abreu en Nigrán para gravaren Sigue... e dálle. O disco, que inclúe un DVD, foi presentado o 30 de xuño dese ano na sala Nunca Máis de Ordes. Ese mesmo ano incorpórase Paco Cerdeira como segunda guitarra, despois de colaborar na gravación do álbum. "A Tribu" foi o seguinte traballo, no que colaboran voces coma a de María Xosé Silvar (Sés), Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Martin (Machina), Gende Beat ou Xurxo Souto. Tamén músicos convidados que pasan a acompañalos en algúns concertos de presentación deste traballo.

No 2011 editouse un DVD titulado Zënzar ao Vivo, coa actuación no Festival de rock de Cerceda do ano 2009, que conta con 15 temas nos que aparecen todas as colaboracións antes mencionadas. No 2012 editouse Vaise armar. Nese ano participaron en festivais como o Derrame Rock, Brincadeira ou Festigal.

En febreiro de 2013 publicouse o disco-homenaxe Vai polos padriños, con 19 temas re-interpretados por 18 grupos galegos como Ruxe Ruxe, Dios ke te crew, Machina, Os tres trebóns, Invivo, Som do Galpom, Raiba, K-Raxe ou A compañía do ruído.

TICKETS 7€














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Celticum -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal