>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Paco Díez en Ourense

(ultima actualización: 30 / 3 / 18 )





Venres 30 de marzo ás 21:30h
Café Cultural Auriense.
Praza do Correxidor 11.
Ourense.

Billete: 6 €

MÚSICA TRADICIONAL IBÉRICA E SEFARDÍ

CONCERTOS DIDÁCTICOS SOBRE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS TRAXECTORIA PERSOAL

Nacido en Piñel de Abajo (Valladolid-España) no seo dunha familia de labradores casteláns, licenciado en Filoloxía Francesa, cantante e músico autodidacta, comeza a súa andaina alá por 1978 orientando a maior parte da súa traxectoria á divulgación da Cultura Musical Ibérica, coa súa personalísima voz, secundada por guitarras, mandola, zanfona, salterio, rabel, gaita e percusións, ademais de contar cunha sólida bagaxe etnográfica apoiado por un rigoroso traballo de recompilación do Saber Tradicional por diversas zonas da Península Ibérica, a Sefarad Bíblica. Apaixonado dos Instrumentos Tradicionais, conta coa única Aula-Museo de iniciativa privada sobre temática ibérica que alberga máis de 450 pezas de España, Portugal, Occitanía (terzo sur de Francia) e Magreb, así como unha importante colección de Gaitas do Mundo (www.aulamuseopacodiez.net). Así mesmo é un dos maiores expoñentes a nivel nacional e internacional no Romancero Ibérico e na Música Sefardí, condecorado en 2007 pola Autoridade Nacional do Ladino polo seu continuado esforzo na difusión da súa Cultura, Paco Díez foi o músico elixido para actuar no Palacio Real de Madrid ante o Rey Felipe VI, Goberno de España e Comunidades Sefardíes de todo o Mundo, durante o Acto Histórico que sancionaba a dobre nacionalidade para os sefardíes, 523 anos despois da súa expulsión en 1492; por todo o anterior, tamén foi candidato ao Premio Princesa de Asturias das Artes 2016. Durante o primeiro trimestre de 2017 estivo a ensinar Organología Tradicional Ibérica na School of Music da University of Washington (Seattle-USA). A finais de 2017 foi distinguido en Paris por Líguea Universelle du Ben Publique con Medaille d’ Argent et Palme polo seu labor na difusión da Música Tradicional Ibérica e Sefardí. Tras preto de 40 anos nestes mesteres gravou 17 discos e realizou máis de dous mil cincocentos concertos tanto en solitario como coas súas diferentes propostas (A Bazanca, Tradibérica, Tres Culturas Tres, Esencias de Sefarad, etc), así como con outras formacións de Francia e de Portugal e, dado que a súa enumeración sería longa e innecesaria, destacaremos as súas numerosas xiras por Francia (moitas), Alemaña (3), Italia (5), Grecia (2), Suecia (2), Portugal (moitas), Eslovenia (2), Bulgaria (3), Polonia, Israel (6), Perú, Chile (3), Arxentina (5), Bolivia (2), Paraguai (2), Uruguai (2), Venezuela, Bosnia (2), Cuba (2), Brasil (4), Marrocos (2), Méjico, China e Estados Unidos (6) converténdose en recoñecido embaixador da Lingua e Cultura de España.





Café Cultural Auriense. Praza do Correxidor 11. Ourense.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- auriense -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal