>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

VIII edição do festival ‘Português Perto’ em Ourense
https://duvi.uvigo.gal/contenido/artigos/cultura/2018/03/artigo_0007.html

(ultima actualizaci�n: 14 / 3 / 18 )





Un ano máis, o campus de Ourense volverá a abrir as súas portas para homenaxear e difundir a cultura lusófona coa celebración de Português Perto. Aquelas nossas músicas. A oitava edición desta iniciativa, asentada xa no calendario cultural universitario, celebrarase do 12 ao 16 de marzo. Entre as novidades deste ano está unha exposición de banda deseñada sobre as Cantigas de Santa María.

O día 15 de marzo, Tiago Pereira presentará o proxecto A música portuguesa a gostar dela propia, e a sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro acollerá a sesión de contos Historias contadas, con Sofía Maul e Avelino González. Ao día seguinte, o baile será o gran protagonista, celebrándose un obradoiro a cargo de Celina da Piedade e unha nova edición de Venrespirar, que contará ademais de con Celina da Piedade coas pandeireteiras de Rebulir e algunha sorpresas. Venrespirar é unha festa tradicional itinerante por prazas da cidade de Ourense organizada polas asociacións Gomes Mouro e Algaravía. En cada sesión desta festa convídase a todas as persoas asistentes a improvisar músicas, bailes e conversas dun xeito lúdico e ameno. A cita será na sala Emilia Pardo Bazán ás 22.00 h.

Paralelamente a esta programación, do 12 ao 23 de marzo terá lugar a mostra As Cantigas de Santa María. Arte BDieval, que estará situada primeiro no Edificio de Ferro e posteriormente na Biblioteca Rosalía de Castro do campus. Trátase dunha exposición itinerante de banda, desenvolvida por BDBanda coa colaboración de Agal, que, explican os seus promotores, “ofrece unha aproximación inédita a estas cantigas explorando a súa vinculación coa banda deseñada”. Todos os actos de Português Perto. Aquelas nossas músicas son de balde e abertos ás persoas interesadas.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal