>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Ataque Escampe + Oh! Ayatollah en Vigo

(ultima actualización: 9 / 3 / 18 )





Venres 9 de marzo ás 23:30h
La Iguana Club.
Churruca 14.
Vigo.


DELEITE AO VIVO presenta:

Ataque Escampe + Oh! Ayatollah por primeira vez xuntos en Vigo e no Universo (é mentira isto último)
Dúas das bandas do pop galego máis eloxiadas presentando os seus últimos traballos.

Ataque Escampe – Primeiros Bicos

<bailar porque se non é agora, cando?...
Un día deixámonos ir e á mañá seguinte acordamos coa cabeza chea de merengue, de disco, de surf rock, de blues do deserto, de R&B neorleaniano, de krautrock, de rumba congolesa e de rumba xitana.
Pasámolo todo por un sintetizador a pilas e a resaca de todo chamámola Primeiros bicos...>>

https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/primeiros-bicos

Oh! Ayatollah – Volve a canción protesta

<< O novo traballo da banda compostelá é pegadizo e ilusionante, testemuño da nova xeración da música galega.... Viñan avisando cos seus vídeos e as súas maquetas, por iso a sorpresa de atoparnos cun disco fresco, intelixente e ben feito non é xigantesca (que pode selo se un chega a eles de primeiras)>>>

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/fugas/2018/02/23/oh-ayatollah-gran-discovolve-cancion-protesta/0003_201802SF23P14991.htm

https://ohayatollah.bandcamp.com/album/volve-a-canci-n-protesta


Para calquera dúbida, info ou denuncia:

info@tremendoaudiovisual.com



La Iguana Club. Churruca 14. Vigo.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Iguana -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal