>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Factoría de Subsistencia na Borriquita de Belém (Compostela)

(ultima actualización: 26 / 1 / 18 )





Martes 30 de xaneiro ás 21:30h
Borriquita de Belém.
San Paio de Antealtares, 22.
Santiago de Compostela.


Factoría de Subsistencia na Borriquita de Belém
[5€ con consumición mínima]

Sabela Dacal - Acordeón e voz
Josito Porto - Guitarra e voz

Factoría De Subsistencia - (música de cansautor)
'A complicidade entre os sons da guitarra de Josito e do acordeón de Sabela marcan un estilo aparentemente sinxelo, sen moitas complicacións, descarnado coma o sorriso nervioso de quen quere aparentar una falsa tranquilidade desde o fondo do seu pozo. Influencias? Moitísimas e ben variadas, tan variadas como a música que escoitamos ao longo das nosas vidas e que, sen decatarnos, foron deixando a súa inocente pegada nas nosas sombras. Poden aparecer pequenas pinceladas que nos leven a pensar en Javier Krahe, SurfinBichos, Nacho Vegas, The Cure, Leonard Cohen, Albert Pla, reminiscencias folklóricas,…ou non, ao mellor simplemente quixeramos que fose así…ou non. Somos FACTORÍA DE SUBSISTENCIA porque se trata precisamente diso, de crear, de inventar, de darlle forma ás ideas que xorden no noso interior ou ao noso redor, ás circunstancias que sobrevoan contínuamente aos nosos seres, aos comportamentos que tentan darnos leccións continuas de enfrontamento ante a vida. A finalidade deste proceso creativo, por chamarlle dalgún xeito, busca o intercambio coa xente, co público, con alguén que pasa por aí e queda a escoitar. Darlle a ese incauto a posibilidade de compartir con nós a nana que naceu ao carón do noso corazón ou enredando coas nosas vísceras.'

Concerto dentro da programación de Clubtura -Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo- Agadic



Borriquita de Belém. San Paio de Antealtares, 22. Santiago de Compostela.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal