>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Reis MAGOS e Cantos de Reis en Ramirás
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 5 / 1 / 18 )





Venres 5 de xaneiro ás 15:30h
Concello de Ramirás.
Rúa Manuel Vázquez Álvarez, s/n . O Picouto.


As Súas Maxestades os Reises Magos de Oriente confirman un ano máis a súa visita a Ramirás convidados pola asociación cultural Rebulir e polo Concello de Ramirás. Será o vindeiro Venres día 5, e farán un percorrido por diferentes lugares destas terras. Comezarán facendo un roteiro polas aldeas da zona máis alta do Concello, para posteriormente facer unha parada na residencia da terceira idade do Mosteiro e visitar aos seus residentes e familiares. Logo as 17:30 h. acompañados da súa corte e garda persoal, farán a súa chegada nos coches oficiais ao Centro Cultural de O Picouto onde saudarán a nenos e nenas ramirenses. Posteriormente a súa comitiva pasará de novo por diferentes aldeas deste Val do Tuño.

A comitiva estará formada por diferentes vehículos antigos destinados a uso persoal de cada un dos reis e da súa corte; escoltará a garda real que velará en todo momento pola seguridade das SS.MM. , e a durante todo o percorrido tamén estarán acompañados polos músicos e cantareiras da Asociación Rebulir.

Tamén se contará coa inestimable visita do carteiro real que estará recibindo aos nenos e nenas, e para iso contará coa axuda das animadoras de Xurxemurxe para amenizar a espera da comitiva real.

Cabe salientar, que os membros deste colectivo, recuperarán un ano máis os cantos de reis que tradicionalmente se cantaban de casa en casa. Deste xeito, mozos e mozas percorrerán ata altas horas as casas das aldeas da zona tocando e pedindo o aguinaldo como se facía antano.



Concello de Ramirás. Rúa Manuel Vázquez Álvarez, s/n . O Picouto.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal