>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

2009 - Ourense, Capital do Entroido

(ultima actualización: 12 / 2 / 09 )





12 de febreiro, xoves de Compadres

17.30 DÍA DOS COMPADRES para que todas as nenas e nenos poidan confeccionar os bonecos cos que faremos de seguido a tradicional carreira (19.00 h)
Lugar: Praza Maior

21.00 NOITE DE COMPADRES obradoiros de mecos para adultos.
Organiza: A.C. Cidade Vella de Ourense
Lugar: Grándola (praza San Marcial)


19 de febreiro, xoves de Comadres

17.30 DÍA DAS COMADRES para que todas as nenas e nenos poidan confeccionar os bonecos cos que faremos de seguido a tradicional carreira(19.00 h).
Lugar: Praza Maior

21.00 NOITE DE COMADRES obradoiros de mecas para adultos.
Organiza: A.C. Cidade Vella de Ourense
Lugar: Grándola (praza San Marcial)


20 de febreiro, venres de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Os Centellas e Air Jalisia.

21.00 PREGÓN DO ENTROIDO 2009 a cargo de O TRANGALLÁN
Lugar: Praza Maior

21.30 Desfile polas rúas da cidade coa presenza dos nosos entroidos (Paquita e Nicanor de Seixalbo, Frei Canedo e As Romanas da Ponte, As Pitas de Eiroás, A Caniceira de Trives e Os Felos de Maside).
Percorrido:Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, parque San Lázaro, Sto. Domingo, praza do Ferro, rúa da Paz, praza Sta.Eufemia, Lamas Carvajal e Alameda do Concello.

22.00 CEA DE BENVIDA AO ENTROIDO onde o requisito imprescindible é vir disfrazado.
Prezo:14€
Venda de entradas: Auditorio Municipal
Lugar: paseo central da Alameda do Concello


21 de febreiro, sábado de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Os Centellas, Air Jalisia, Chunda Chunda e Son Percusión S.C.

11.30 XOGO DA OCA; ENTROIDO PORQUE ME TOCA!
Xogo da oca do Entroido onde as nenas e nenos, por equipos, farán probas relacionadas co Entroido (xogos, obradoiros, cantigas ...)
Organiza: A.X. Amencer
Lugar: paseo central da Alameda do Concello

OBRADOIROS
12.00
Obradoiro de Iniciación á Percusión (Reggae Baiano) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior

18.00 Actuación Musical coa participación das corais ALBOR e OS MONTES.
Lugar: praza do Correxidor

BAILE coa orquestra Marimba de Pontevedra.
Lugar: Praza Maior


22 de febreiro, domingo de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Os Centellas, Son Percusión S.C., Santiago Apóstol, Entre Amigos, Monterrei e Os Chispas.

12.00 CONCERTO DE ENTROIDO da Banda Municipal de Música de Ourense.
Lugar: paseo central da Alameda do Concello

OBRADOIROS
12.00
Obradoiro de Iniciación á Percusión (Ijexá) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior

18.00 DESFILE DE COMPARSAS E CARROZASConcentración dos participantes: Pavillón dos Remedios
Percorrido: Saída por Progreso ata o Xardín do Posío, rúa Coruña, Ben-Cho-Sei, Lugo, Progreso,Dtor. Marañón e Praza Maior.

19.30 BAILE coa orquestra Capitol de Santiago
Lugar: Praza Maior

21.00 CONCURSO DO REI/RAÍÑA DO ENTROIDO 2009 (todas as persoas que queiran participar que se acheguen ao soportal do Concello, esquina coa rúa Colón), de seguido ENTREGA DE PREMIOS aos gañadores do Concurso de Comparsas e Carrozas para rematar coa coroación do Rei/Raíña deste ano polo Rei do Entroido 2008.
Lugar: Praza Maior

23 de febreiro, luns de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Son Percusión S.C., Mecánica, Los Estupendos Burruños de la Morralla y su Banda de Impresentables, Os Centellas e Air Jalisia.

OBRADOIROS12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Samba) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior

17.30 ENTROIDO INFANTIL con obradoiros de maquillaxe, tatuaxes, cociña, fotografía... dous vellos vaqueiros amenizarán a festa con cancións infantís e unha sesión de xogos.
Lugar: paseo central da Alameda do Concello

00.00 BAILE coa orquestra Ledicia de Ourense.
Lugar: Praza Maior

00.00 CONCERTO Tarú e os Páxaros Coiro e Os Cuchufellos
Lugar: praza do Correxidor

24 de febreiro, martes de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: Charangas Los Estupendos Burruños de la Morralla y su Banda de Impresentables, Santiago Apóstol, Monterrei e Os Centellas.

OBRADOIROS12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Ritmos Nordestinos) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior

19.30 BAILE co grupo Supert T de Pontevedra.
Lugar: Praza Maior

21.00 CONCURSO DE DISFRACES INDIVIDUAIS, onde un xurado premiará os 50 mellores disfraces cunha invitación para a CEA DE DESPEDIDA DO ENTROIDO.
Lugar: Praza Maior

25 de febreiro, Enterro da Sardiña

20.30 ENTERRO DA SARDIÑA
Concentración: na Praza Maior, onde as carpideiras, nun cortexo fúnebre debidamente amenizado polas charangas Os Centellas e Chunda Chunda acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido.
Percorrido: saída da Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Sto. Domingo, Lepanto, Juan de Austria, praza Sta. Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña.

O Trangallán, é ese "espíritu humano", que cada ano baixa do ceo, e introdúcese nun persoeiro do Entroido, dándolle vida propia, e provocando un derroche de ledicias e sonrrisos polas rúas e currunchos por onde se move.

"Eu destaco do Manolo, a súa Lola".

CASIANO, Rei do Entroido 1989


Entroido das Eiroás - Festa da Pita


8 de febreiro.- domingo Fareleiro

12.00 COLGA DO MECO

17.00 GUERRA FARELEIRA amenizada pola charanga Santiago Apóstol.

15 de febreiro.- domingo Oleiro

Obradoiros de decoración de olas para ás/aos máis cativas/os.

17.00 XOGO DAS OLAS, amenizado pola charanga Os Cuchufellos. As Pitas serán as encargadas de levar as olas á Praza das Eiroás.

24 de febreiro.- martes de Entroido

12.00 FOLIÓN DO ENTROIDO, con Pitas, máscaras, gaiteiros/as e música, que percorrerán o barrio anunciando a chegada do día grande.

13.00 VODA DA PITA

14.00 Xantar amenizado pola charanga Santiago Apóstol

17:00 BAILE DE MÁSCARAS amenizado pola orquestra Alianza.

21:00 QUEIMA DO MECO


Na xornada do martes, haberá carpa con bancos e mesas para todos aqueles grupos que queiran xantar na praza. Inscribirse nos domingos previos.


Entroido de Seixalbo - Paquita e Nicanor


15 de febreiro.- domingo Oleiro

16.00 TARDE DE OLAS como manda a tradición. Percorrido polas rúas de Seixalbo ata a Praza Maior, para deixar os bonecos Paquita e Nicanor.


22 de febreiro.- domingo de Entroido

16.00 Baile de disfraces na praza de Seixalbo.


24 de febreiro.- martes de Entroido

DÍA GRANDE DO ENTROIDO EN SEIXALBO
15.30 Desfile de comparsas e charangas polas rúas de Seixalbo.


25 de febreiro.- mércores de Cinza

21.00 ENTERRO DA SARDIÑA con desfile polas rúas de Seixalbo e sardiñada ao remate no Campo da Infesta.

Entroido da Asoc. Cult. Frei Canedo da Ponte


21 de febreiro.- sábado de Entroido

NOITE XOVEN
21.00 Tremendo concerto cos grupos Sin Motivo, Supersandwich e Burgas Beat.
(O bar da Asociación e a ?Mojitería? farán a noite moi levadeira).

22 de febreiro.- domingo de Entroido

DÍA DO POLBO E DOS NENOS
11.00 Xogos populares para nenos e grandes (se os deixan os fillos).

13.00 Grande papatoria con polbo e carne o caldeiro con música de charangas, pan, viño do bo e baixo carpa por se chove!!!

18.00 Karaoke infantil
Espectáculo a cargo de Party Time
Maxia a cargo de Máxico Brais
Final Karaoke

21.00 Agasallos para as nenas e os nenos.

21.30 Baile popular ata ... xa veremos!

(A polbeira e os bares estarán abertos tamén pola noite).

23 F (con perdón).- luns de Entroido

DÍA GRANDE DE FREI CANEDO
12.00 A partir desta hora volve o polbo e a carne ao caldeiro ate a tardiña.

18.00 Charangada para a xuntanza dos frades ao redor da capela.

18.30 Comezo dos solemnes actos con: presentación, sermón a cargo de Manolo ?O Trangallán?, bendición dos novos confrades, primeira Asensión ao ceo de Frei Canedo e Bendición Papal.

20.30 Saída da solemne PROCESIÓN de Frei Canedo polas rúas da Ponte coa presenza de Blanquita e a Lexión, os Folións de Trives, as Romanas da Ponte, os Bombeiros de Canedo, o noso Papa, o Abade da Orde e as Forzas Vivas do Pobo.

22.00 Xuntanza nos solemnes comedores para honrar o Frei Canedo cunha cachuchada (só para socios), iso sí, mentres os frades cean, podedes facer o mesmo nalgún chiringo da zona, pero rapidiño xa que a iso das...

23.00 Comezo do BAILE de disfraces amenizado pola orquestra JOCKER.

24.00 Tremendo FOLIÓN con bombas de coloríns ?fijo y volador?. Segue o baile ata ás ... o día seguinte é festivo, tranquilos.

NOTA: Como dependemos da esmola do persoal ... segundo os cartos que xuntemos, trataremos de argallar algo máis. (os petos témolos moi á vista) FELIZ ENTROIDO!
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal