>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Os Diplomáticos no 18 aniversario da sala Mardi Gras (A Coruña)

(ultima actualización: 10 / 11 / 17 )





Venres 10 de novembro, ás 22 horas.
Entradas anticipadas 10 € en Cloudprint (rúa Panaderas), El Tren (rúa Tren), A 'Atalia (rúa Xustiza), Librería Cascanueces e salamardigras.com

CONTO DE OUTONO:
"OS DIPLOMÁTICOS NA MARDI GRAS",
OU DE PIRÁMIDES AZTECAS E NÉCORAS ARROUTADAS.

Sei que a ti tamén che pasa. Conforme traspasamos o limiar da sala, entramos nun estado alterado de conciencia. Mardi Gras, onde vibra coa maior intensidade esa palabra intensa que chamamos música.
Como en “Aberto até o amecer”. Seguro que viviches esa película. Disco-tasca de fronteira. A partir do segundo grolo comezaban a acontecer feitos extraordinarios. Falo de vampiros e zombis. Tropa paranormal perfectamente explicada no último plano: “A teta enroscada”, así se chamaba a taberna, estaba construída enriba dunha pirámide azteca.
Tal aquí acontece: Mardi Gras. Antes de sala de concertos, foi bodegón:
Adegas Villarreal, rapidamente rebautizada como O Crego, polos mestres taceiros da rúa da Torre.
Aquí bebemos emocións moi fondas. Aquí constituímos a efémera peña deportivista: “Urkiola”. E aquí os Diplomáticos de Monte-Alto, lle entregamos ao mestre dos mestres, Arsenio Iglesias, o noso primeiro disco, a el dedicado: “Estas cousas non me gustan, pero se mo piden os rapaces teño que vir”. Arsenísticas declaracións que, case tres décadas despois, seguen resoando no genius loci destas paredes.
Por iso a sala é en si mesma un estado alterado de conciencia. Por iso calquera música soa aquí máis plena. Por iso é unha honra infinita para Os Diplomáticos de Monte-Alto poder celebrar o XVIII aniversario da Mardi Gras. E pechar para sempre o círculo de cunca da mocidade -centro místico da rúa da Torre- cun novo grolo de tanta marabilla.

XVIII aniversario da Sala Mardi Gras

OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE-ALTO,














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal