
Sábado 11 de novembro ás 16:00h Centro Publico Integrado San Roman de Cervantes. Dos Colexios, S/N. Cervantes.
Os Xardois tamén queremos solidarizarnos con todas as persoas afectadas polos lumes de Cervantes. Por iso, gustaríanos invitarvos a todos e a todas ó acto solidario que terá lugar no pavillón de San Román de Cervantes o sábado 11 de novembro. O fin será recaudar fondos e levantar o ánimo da xente despois de tanta amargura con música, humor e algunha sorpresa máis! Así, teremos o pracer de contar con: - Os Xardois - Os Gaioleiros - Polavila de Piornedo - Son de Cores - Banda de gaitas Devandoira - Tiruleque. -O Mago Roberto Lolo - A eurovisiva LUCÍA PÉREZ E presentado pola actriz e humorista ISABEL RISCO!!!
E o DOMINGO pola mañá... preparade as botas de montaña!!! Tod@s @s que queirades poderedes ver en primeira persoa o desastre que ocasionaron os incendios. Faremos unha ruta por algunhas das zonas afectadas e logo iremos para a CAMPA DA BRAÑA a repoñer forzas ao son de TUNDAL!!!
AGARDÁMOSVOS!!!
E lembrade... QUITÁRONNOS O VERDE, PERO NON A ILUSIÓN!!!
|

Centro Publico Integrado San Roman de Cervantes. Dos Colexios, S/N. Cervantes. Abrir mapa en navegador
|