>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

VIII RUADA De Moraña (serán-magosteiro)

(ultima actualización: 8 / 11 / 17 )





Sábado 11 de novembro ás 17:00h
Carballeira de Santa Lucía, Moraña.


A ruada volta un ano máis a Moraña. As asociacións CHINGUILIPÉ e O ARRIEIRO queremos convidarvos á oitava edición da #RuadadeMoraña que estamos a preparar e da que vos iremos informando polo miúdo nos vindeiros días.


De novo facémolo en sábado, e continuamos coa ubicación orixinal da ruada, a carballeira de Santa Lucía!. Haberá obradoiros, ruada, moita comida e bebida, foliada aberta e festa ata o amencer!. Garda a data ;)


* Se tes un grupo e queredes botar unhas pezas connosco só tedes que achegarvos ata Moraña e anotarvos para o serán. Se non tes un grupo pero queres cantar, bailar ou simplemente desfrutar connosco dunha noite chea de música tradicional e troula, xa sabes!
* Ao longo de toda a noite sortearemos os agasallos doados polos comerciantes de Moraña. Pregunta na barra polas rifas!

E se chove???, QUE CHOVA!... temos carpa :)














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal