
Sábado 4 de novembro ás 17:30h La Terraza Café-Jazz. Avenida de la Marina, 15. Sada.
Comezaremos ás 17.30h con Xogos Populares e Foliadiña, para que os peques da casa disfruten do día tanto coma nós. A partir das 20.30h comezamos coa Foliada, na que contaremos cunha morea de amigos, veciños e convidados que nos acompañarán ao longo de toda a xornada. Este ano recuperamos o noso clásico Concurso de Baile Tradicional por parellas. Os premios son tan tentadores que non te poderás resistir a participar. Bulide, que só hai 8 prazas! (Para más información e inscripcións mensaxe privado) Tamén se celebrará o Magosto da vila no que contaremos con castañas, doces caseiros, bebida, bocatas... e todo a prezos populares! Ademáis, nesta edición tan especial, haberá artesáns expoñendo o seu magnífico traballo. Xa podedes adiantar os regalos de Nadal! Rifas, sorteos, agasallos e un feixe de sorpresas máis vos agardan! Sábado 4 no Paseo Marítimo, na carpa detrás da Terraza. Contámos con vós!
|