>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

X Foliada De Sada

(ultima actualizaci�n: 2 / 11 / 17 )





Sábado 4 de novembro ás 17:30h
La Terraza Café-Jazz.
Avenida de la Marina, 15.
Sada.


Comezaremos ás 17.30h con Xogos Populares e Foliadiña, para que os peques da casa disfruten do día tanto coma nós.
A partir das 20.30h comezamos coa Foliada, na que contaremos cunha morea de amigos, veciños e convidados que nos acompañarán ao longo de toda a xornada.
Este ano recuperamos o noso clásico Concurso de Baile Tradicional por parellas. Os premios son tan tentadores que non te poderás resistir a participar.
Bulide, que só hai 8 prazas!
(Para más información e inscripcións mensaxe privado)
Tamén se celebrará o Magosto da vila no que contaremos con castañas, doces caseiros, bebida, bocatas... e todo a prezos populares!
Ademáis, nesta edición tan especial, haberá artesáns expoñendo o seu magnífico traballo. Xa podedes adiantar os regalos de Nadal!
Rifas, sorteos, agasallos e un feixe de sorpresas máis vos agardan!
Sábado 4 no Paseo Marítimo, na carpa detrás da Terraza.
Contámos con vós!



La Terraza Café-Jazz. Avenida de la Marina, 15. Sada.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal