>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Festa de Outono en Coiro. Cangas

(ultima actualizaci�n: 27 / 10 / 17 )





Sábado 28 de outubro ás 10:00h
Coiro, 36947 Cangas (Pontevedra),


Como ven sendo tradición nos últimos anos, os colectivos socio-culturais de Coiro organizamos un Magosto Popular ao que todos estades convidados, ¡pero este ano con novidades!

Será o vindeiro sábado 28 de outubro seguindo este programa:

- 10:00 horas: Saída do Colexio da Retirosa para percorrer os Montes e a Fraga de Coiro para recoller castañas e cogumelos.
Regreso a 13:30 horas (recoméndase levar roupa e calzado cómodo para camiñar).

- 14:00 horas: Comida popular no entorno do colexio. (cada un deberá levar a súa comida).

- Ao finalizar, Magosto Popular. Haberá castañas e chourizos asados, e espazo para que todos e todas cantedes, toquedes e bailedes ao ritmo da música tradicional.

¡Anotade a data nas vosas axendas!














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal