>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Balbino (espectáculo de Cantigas e Agarimos) en Vilalba

(ultima actualización: 13 / 10 / 17 )





Domingo 15 de outubro ás 20:30h
Auditorio Municipal Carmen Estévez
Villalba.


Cantigas e Agarimos viaxa a Vilalba co seu espectáculo “balbino”, dentro do programa DANZA3 da Agadic e coa colaboración do Concello de Vilalba.

O baile e a música, como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A novela “Memorias dun neno labrego”, do recentemente finado Xosé Neira Vilas, serve como punto de partida para crear unha proposta multidisciplinar que medra ao longo das diferentes escenas que reflexan a sociedade galega de mediados do século XX: as clases sociais, o éxodo, os costumes ou a rebelión reprimida.

Coidado ao máximo nos detalles, cheo de contido e de sorpresas, "balbino" emprega todas as expresións da identidade galega ó seu alcance para lanzar unha mensaxe sinxela pero moi poderosa sobre quen somos e cal é o noso patrimonio.



Villalba.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal