>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

A Xunta elixe as 50 mellores pezas da música galega
Fonte / M�is informaci�n



20/01/2007
(Firma: Concha Pino | Lugar: santiago)
A calidade musical e ter un disco editado foron os criterios de base para reunir aos 50 grupos e solistas representativos da realidade musical galega, sen exclusións idiomáticas nin de estilo para levar á feira Midem unha visión panorámica da música feita en Galicia baixo a marca GalicianTunes. A marca foi creada para a Midem, pero desaparecerá no momento que a Consellería de Cultura teña desenvolvida a que van usar para a proxección internacional da cultura galega no seu conxunto e con submarcas por xéneros. Neste palmarés de 50 miradas hai dous grupos diferenciados pero non enfrontados: O do pop/rock, con 18 bandas de todos os estilos, e a música de raíz ( roots ), con 28 formacións e solistas do mundo do folk, do jazz e ata unha de música antiga, Resonet. A selección fíxoa unha comisión de críticos que prevén ampliar para seguintes citas, contando coas propostas das empresas discográficas galegas. Por iso non só están bandas de pop/rock en galego como Lamatumbá, que sigue adiante como grupo, ou Narf, senón as que como Nadadora, do Grove, cantan en castelán e petan forte, igual que o ex compoñente dos Piratas, Fon Román, ou Moon Cresta, que canta en inglés. En roots están artistas e grupos consagrados que gravan con multinacionais como Carlos Núñez e Luar na lubre, e os que a producen en Galicia, como Uxía, ou que emerxen no folk, como Xochilmica. E os cinco referentes no mundo da jazz que son Kin García, Baldo Martínez, Alberto Conde, Abe Rábade e Roberto Somoza. Non están todos, pero son todos os que están. ¿Que lle parece GalicianTunes? Participe e opine en www.lavozdegalicia.es


Noticia enviada por voz













COMENTARIOS:



http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070120131957
Galicia terá presenza nas principais feiras de música do mundo

A Consellaría de Cultura e Deporte fará un importante esforzo neste ano 2007 na posta en marcha de políticas de apoio á música galega e á súa proxección internacional. No CGAC a titular de Cultura, Ánxela Bugallo, definiu os obxectivos e as accións do seu departamento neste eido, salientando o impulso que se lle está a dar “por primeira vez na historia” á promoción internacional da música.

(sábado 20 de enero de 2007)

XORNAL I A Coruña.- Neste sentido, Bugallo informou de que o día 21 se abre MIDEM (Cannes, Francia) a principal feira europea da industria musical, onde por primeira vez estará presente Galiza de forma institucional, cun stand que acollerá ás empresas do sector, que poderán ofertarlle os seus productos aos intermediarios de todo o mundo.

A presenza galega en MIDEM concretarase coa participación de nove empresas, acompañadas de representantes da Consellaría e do IGAEM, que contarán cun servizo de asesoramento e tradución formado por especialistas neste sector económico. Ademais, a Xunta creou unha serie de materiais de promoción, baixo a marca GalicianTunes, editados en inglés, que constan dunha guía de recursos da industria musical galega, unha compilación de 50 temas (20 de pop/rock e 30 de folc, elixidos por unha comisión de expertos), un videoclip e un catálogo de empresas galegas, ademais dunha web na que se pode consultar toda esta información: http://www.galiciantunes.com.

FEIRAS E AXUDAS Á PROMOCIÓN EXTERIOR.- A Consellaría celebrou un encontro preparatorio o venres 12 pasado, no que todos os asistentes puxeron en común co director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, as necesidades e expectativas das mesmas e a intención de todos de manter unha presenza unitaria como marca de música galega. Este ano, ademais de MIDEM, a música galega estará presente nas outras dúas feiras de renome, Popkomm (Berlín) e Womex (Sevilla).

Por outra banda, a Consellaría puxo en marcha dúas liñas de axudas de nova creación neste 2007: unhas para o desprazamento de artistas galegos en xira fóra de Galiza, que xestionará a Dirección Xeral a partir do primeiro trimestre de 2007, e outras para o desprazamento de empresas galegas a feiras e mercados internacionais de música, que xestionará o IGAEM.

ESFORZO EN MATERIA MUSICAL.- Ánxela Bugallo debullou as liñas mestras da Consellaría en materia musical, que ten como principais obxectivos o potenciamento dun mercado musical galego, o asentamento de liñas de axudas, creación de modelos de exhibición en rede e a posta en marcha dunha oferta de servizos complementarios para o sector, como asesoramento empresarial ou liñas de financiamento preferente.

O departamento de Cultura parte da consideración da música como unha industria cultural para establecer varios tipos de axudas:

a) Axudas á proxección exterior das empresas, para a súa asistencia e participación en fieras.

b) Axudas á proxección exterior de artistas galegos.

c) Axudas á produción discográfica.

d) Axudas á difusión de proxectos discográficos.

Outro dos obxectivos é a ordenación das políticas públicas de fomento da música, dada a inexistencia de redes e circuítos estables de carácter anual para a celebración de concertos, polo que se crearon varios modelos de exhibición en rede:

# Rede Galega de Teatros e Auditorios: distribución de espectáculos musicais entre os 45 concellos e entidades integrantes.

# Rede Galega de Música ao Vivo: iniciativa que bota a andar este xaneiro, na que participan 70 grupos e solistas (solicitárono 350) nun total de 40 locais e salas privadas.

# Circuíto 4x4: proxecto de programación musical para os concellos, que consiste nunha cuádrupla oferta agrupada en Voces Tradicionais, Canción de Autor, Con-Fusión e Tradición Instrumental.

# Circuítos Culturais: Cultura na rúa, Cultura nova e Cultura en familia son os títulos dos tres programas multidisciplinares que se organizan dentro dos Circuítos Culturais.

Enviado por anxo o 21/1/07 ás 19:11h







algo sempre é mellor que nada, mais a min todo esto pareceme moi pouca cousa..

Enviado o 26/1/07 ás 22:39h





 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal