
Sábado 7 de outubro ás 10:00h
OBRADOIROS: Técnica vocal (Nastasia Zürcher), Xestión Cultural (Diego Vázquez Meizoso), Canto tradicional e pandeireta (Davide Salvado), Iniciación ao audiovisual (Seispés Producións Creativas) e Novas masculinidades (Sonia Fernández Casal e Xosé Cabido Pérez)
INFORMACIÓN:
**7 DE OUTUBRO / “O meu corpo como instrumento”. Taller vocal e corporal
Horario: 11 a 14h e de 16 a 19h Matrícula: 60 € / 45 € socios/as NEG Lugar: Pazo da Peregrina (Bertamiráns) Por confirmar Imparte: Nastasia Zürcher Recentemente gañadora do Premio Martín Códax da Música na categoría de Blues, Funk & Soul, esta xoven cantante e compositora suízo-galega leva máis de 10 anos dedicándose plenamente á música, cunha gran formación que vai desde a coñecida escola compostelá “Estudio, escola de música” ata a súa graduación en “Canto, Interpretación y Técnicas de Escenario” na Escuela Internacional de Artistas de Jesús Yanes (CEV, Madrid). A día de hoxe e tras pasar como alumna polas mans de moitísimos profesionais da técnica vocal e as artes escénicas, Nastasia conta cunha carreira musical en pleno auxe, está a piques de sacar o seu segundo disco ao mercado e é considerada unha das mellores cantantes e formadoras en técnica vocal de Galicia.
Descrición do obradoiro: Toma de contacto cas diferentes e amplísimas posibilidades vocais e físicas do noso instrumento chamado corpo. Dirixido a quen desexe profundizar nos seu coñecementos e vivencias sensoriais coa súa propia Voz. Trataremos os seguintes puntos: 1. A voz como instrumento. Que é o son? Introdución sobre o aparato vocal e a respiración. 2. Preparación e conexión co meu corpo - Equilibrio interno. 3. As emocións como motor verdadeiro para as diferentes calidades vocais - Sentir é transmitir. 4. A improvisación como método de investigación e descubrimento.
Necesidades: Roupa cómoda e unha manta ou esterilla.
**28 E 29 DE OUTUBRO/ “Organización e implementación de actividades culturais: taller de xestión sociocultural”
Horario: 10 a 14h e de 16 a 18h Matrícula: 60 € / 45 € socios/as NEG Lugar: Sede de NEG (R/ das Hedras, 4-2ºO. Novo Milladoiro) Imparte: Diego Vázquez Meizoso É xestor cultural e traballou, entre outros, no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, no Festival Internacional de Teatro Universitario de Galicia, nas actividades do 30 aniversario do Museo do Pobo Galego e na produción do ALT (festival alternativo das artes escénicas de Vigo), do Corpo(a)Terra (festival de danza e artes do corpo de Ourense) e do ciclo musical De Lugares e Órganos. Como docente ten impartido obradoiros e monográficos sobre xestión cultural, análise fílmica, teatro e desenvolvemento persoal ou traballo sobre a memoria a través do audiovisual en, entre outros, diversas asociacións e espazos de formación, Concello de Santiago ou Escola Unitaria.
Descrición do obradoiro: A xestión cultural como concepto mudou radicalmente nos últimos anos, por causas socioeconómicas evidentes, cara un traballo máis horizontal de contacto coa comunidade, participación e labor sociocultural. Neste curso aprenderemos as claves para a organización de acción culturais dentro destas novas coordenadas profesionais, en contextos de proximidade e con actividades enfocadas ao desenvolvemento sociocultural e educativo das persoas.
NOTA: Se os/as participantes están inmersos/as nalgún proxecto ou teñen unha idea tentaremos ir encaixando cada un dos conceptos e puntos do programa dentro do marco de traballo dos mesmos, co gallo de que o obradoiro sexa o máis personalizado posible.
**4 DE NOVEMBRO / Taller de percusión e canto tradicional
Horario: 10 a 14h e de 16 a 20h Matrícula: 60 € / 45 € socios/as NEG Lugar: Pazo da Peregrina (Bertamiráns) Por confirmar Imparte: Davide Salvado É sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país e vén de gañar o Premio Martín Códax da Música na categoría de Música Tradicional. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura, o respeito á terra e á lingua, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música. Co seu último traballo, “Lobos” está a acadar un gran recoñecemento a nivel internacional.
Descrición do obradoiro: Curso de canto e pandeireta. Aprenderemos técnica de ámbolos dous instrumentos, así como repertorio e interpretación aplicados ao noso folclore.
Necesidades: A túa pandeireta, roupa cómoda e unha manta ou esterilla.
**18 E 19 DE NOVEMBRO / Iniciación ao audiovisual. Aprende a facer os teus propios vídeos
Horario: Sábado de 10 a 14h e de 16 a 20h e domingo de 10 a 14h Matrícula: 60 € / 45 € socios/as NEG Lugar: Sede de NEG (R/ das Hedras, 4-2ºO. Novo Milladoiro) Imparte: Seispés Producións Creativas Produtora audiovisual, comunicación, deseño gráfico e produción musical que nace do desexo dun grupo de profesionais xóvenes e dinámicos de dar renda solta á súa creatividade. www.seispes.com
Descrición do obradoiro: Darémosche os recursos necesarios a través de contidos teóricos (valores de plano, movementos de cámara, son, fases e tarefas de preprodución, produción e postprodución...) e exercicios prácticos (guionización, gravación e montaxe), para que aprendas a facer pezas audiovisuais de maneira sinxela, xeitosa e asequible, ben para ti ou para traballar con grupos ou na aula.
Necesidades: Trae un teléfono móbil e os cables correpondentes para poder cargar a batería e volcar o que gravemos no teu ordenador portátil. Comproba que este teña instalado algún programa de edición como poden ser o Movie Maker (pc) ou o IMovie (Mac).
**24 E 25 DE NOVEMBRO / “Autoestima feminina e novas masculinidades: Desaprendendo o sexismo desde as aulas” (ACTIVIDADE HOMOLOGADA POLA XUNTA CON 12H DE FORMACIÓN PARA O PROFESORADO)
Horario: Venres de 17 a 21h e sábado de 10 a 14h e de 16 a 21h Matrícula: 50 € / 30 € socios/as NEG Lugar: Sede de NEG (R/ das Hedras, 4-2ºO. Novo Milladoiro) Imparte: Mª Sonia Fernández Casal: Licenciada en Ciencias Exactas. Máster en Xénero e Políticas de Igualdade. Xosé Cabido Pérez: Licenciado en Filosofía. Co-responsable da Dinamización de Igualdade do IES Plurilingüe Fontexería.
Obxectivos: • Presentar ferramentas e metodoloxía que permita realizar seminarios temáticos con alumnado de secundaria, separados por sexos, nos que abordar aqueles aspectos da construción da identidade de xénero que dificultan ou impiden o mantemento de relacións de igualdad entre os sexos. • Reflexionar sobre formas de afortalar a autonomía e a autoestima das alumnas desde as aulas. • Reflexionar sobre como promover o compromiso dos alumnos coa igualdade, a renuncia aos seus privilexios de xénero e a superación dos aspectos máis nocivos para eles mesmos do modelo masculino imperante. • Coñecer mellor a forma na que viven alumnas e alumnos a súa identidade de xénero.
Metodoloxía: Presentarase a experiencia desenvolvida en aulas de 2º, 3º, 4º de ESO e en 1º de BAC, dentro do proxecto coeducativo “Nós tamén navegar” do IES Plurilingüe Fontexería (Muros). Reproduciranse as dinámicas e actividades que se realizan co alumnado, en obradoiros separados por sexos, no marco deste proxecto que recibiu o III Premio Concepción Arenal da deputación da Coruña.
TODA A INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS EN WWW.NEG.GAL
|