>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Presentación en Rianxo do libro-cd homenaxe Ramón Carou

(ultima actualización: 1 / 9 / 17 )





Sábado 2 de setembro ás 20:00h
Concello de Rianxo.

Dende Asociación Socio-Cultural FOGO FATUO queremos facervos participes da I edición do Ciclo de “MEMORIA VIVA DE RIANXO” o 2 de setembro do 2017 ás 21.30 horas na praza de –Rafael Dieste- de Rianxo. Na que se levará a cabo a presentación do libro Cd “ Aires da Nosa Terra” - homenaxe a Ramón Carou.

Esta é unha proposta cultural a desenvolver pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo, en colaboración coa Asociación a Regionalista de Teo, o Concello de Rianxo e a Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización.
O evento terá lugar na Praza Rafael Dieste, e nel presentarase o libro-cd Ramón Carou, o gaiteiro dos Aires da Nosa Terra, Asados, Rianxo, este monográfico recolle a traxectoria musical deste gaiteiro que formou parte do mítico cuarteto Rianxeiro.
Coa colaboración de diversos, compañeiros, grupos e entidades realizaremos unha viaxe ao pasado de máis de trinta anos da man do noso protagonista, don Ramón Carou Romero.

Ademais a partir das 20:00 abriremos unha exposición nos baixos da biblioteca municipal situada na mesma praza na que poderedes facer un percorrido pola traxectoria de Ramón Carou.

Logo da presentación algunhas das agrupacións que participan no CD interpretarán a peza do mesmo, así poderemos disfrutar das actuacións de Vai de Roda Rio De Anxo Os Mersenarios Banda de Gaitas Buxaina Os Perucos ou A restreba entre outros.

A realización deste traballo, nuns tempos en que os informantes da tradición do país só perviven na nosa memoria, outórgalle ao mesmo unha vital importancia nunha sociedade cada vez máis global.



Concello de Rianxo. Praza Castelao 1, Rianxo.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal