>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Espectáculo "Festa na Vila" nas Festas do Cristo de Cangas

(ultima actualización: 30 / 8 / 17 )





Mércores 30 de agosto ás 22:00h
Avenida de Castelao (Cangas).


Lembranzas da Ría presenta este espectáculo de baile e música popular en conxunto coa Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña, a Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas, Meiramar-Axóuxeres e a Coral Lestonnac.
"Festa na Vila" mostra o baile e músicas tradicionais das romarías e festas amenizadas por cuartetos de gaiteiros, charangas e bandas de música. Un percorrido dende principios do século XX ata a súa metade, onde se pretende amosar o baile polas distintas comarcas: Ancares, Xallas, Fonsagrada, Carballo, Deza, Tabeirós, Ponteareas, Mondariz, Carballiño...
As melodías que se interpretan pertencen a compositores de principios de século XX, como Gustavo Freire, Ricardo Coutier, Reveriano Soutullo, Gregorio Baudot, José Oro Val, Antonio Amigo, Enrique García Rey....
Esta representación transcorre a través da historia de Sabela, unha moza que regresa á aldea dos seus pais co único recordo que ten deles, unha fotografía antiga bailando ao lado dun palco de música. Prodúcese entón unha regresión ao pasado que a leva a distintas épocas e momentos na vida dos seus pais, desde que se coñeceron até a despedida pola emigración.
Se xa vistes o espectáculo nas anteriores veces que se representou, nesta ocasión o director, Manolo Cobas, introduciu novidades moi relacionadas coa vila de Cangas.


- Meiramar -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal