>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Presentación en Bueu do cd "Casares" de Xardín Desordenado

(ultima actualización: 24 / 8 / 17 )





Xoves 24 de agosto ás 21:00h
Sala Amalia Domínguez Búa.
Rúa Eduardo Vincenti n°2.
Bueu.


Tres dos compoñentes de Xardín Desordenado veñen presentarnos o seu novo traballo nun evento no que poderemos escoitar algunhas das cancións deste cd.

Xardín Desordenado adicóu o seu terceiro traballo discográfico a Carlos Casares, autor do Día das Letras no 2.017. Trátase dun traballo peculiar, xa que por primeira vez inclúense cancións compostas sobre relatos, o que supuso un esforzo adicional, pero tamén a ventaxa de que as historias contadas favorecen o formato canción.

Por outra banda, a través da Fundación Carlos Casares, Xardín Desordenado recuperou poemas de Carlos Casares nunca pubricados nun libro (tan só en revistas literarias) e reuníu eses poemas no Cd, dándolles así soporte físico e musical.



Sala Amalia Domínguez Búa. Rúa Eduardo Vincenti n°2. Bueu.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal