>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

X Festa Galega de Malpica
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 18 / 8 / 17 )





A Festa Galega de Malpica cumpre 10 anos, e para celebralo temos preparado un cartel de luxo, con grupos de primeira fila como Tanxugueiras, Samarúas e Radio Cos. Os concertos celebraranse a vindeira fin de semana, coincidindo coa quinta Feira Medieval Mariñeira, que volverá a encher de animación, colorido e actuacións as rúas da nosa vila.

A Feira Medieval Mariñeira será inaugurada o venres 18 ás 11 horas, e media hora despois empezarán a soar os primeiros acordes da Festa Galega no pasarrúas dos gaiteiros da Asociación Cultural Raigañas. A partir das 22.30 horas as actuacións trasladaranse ao porto, onde actuarán a Banda de Gaiteiros da A.C. Malante, Tanxugueiras (23.15 horas) e Fol de Veneno (00.30).

O sábado 19 tamén haberá música desde as 11.30 horas, nesta ocasión coas gaiteiras da Asociación Cultural Carcaxía. Pola tarde volverán a encherse as rúas de música co quinto Desfile de Bandas de Gaitas da A.C. Malante, que sairán ás 19.15 do Centro Cívico en dirección ao centro da vila. Xa no porto, ás 22 horas arrancará a noite grande da X Festa Galega coas Cantareiras da A. C. Carcaxía, ás que seguirán No Filo da Ferreña (22.30), Samarúas (23.15) e Radio Cos (00.50).

O domingo 20, a partir das 11 horas e ata a noite, estarán abertos os postos da Feira Medieval Mariñeira.



Malpica de Bergantiños.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal