>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XV Noite Folk de Negreira: Treixadura, Uxía Senlle e Tiruleque
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 10 / 8 / 17 )





O grupo de música tradicional Treixadura, estará presente na XV Noite Folk de Negreira, o sábado 19 de agosto na Área Recreativa do Refuxio de Cobas, nunha edición especial co gallo de cumprirse os 15 anos do emblemático festival de música tradicional barcalés, onde o Concello de Negreira aposta por unha formación das máis importantes no eido da música de raíz en Galicia, con máis de 25 anos nos escearios e con seis discos no mercado, compartindo co público o poder e a forza do canto colectivo.

Uxía Senlle é considerada a grande dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros
Na primavera de 2002 nace como proxecto Tiruleque, consecuencia das inquedanzas musicais de cinco rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional.


Noticia enviada por Xandra













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal