>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

VIII Mostra Trazantes de Tenorio (Cotobade. Pontevedra)

(ultima actualización: 18 / 7 / 17 )





Sábado 22 de xullo ás 19:00h
Entidad Tenorio, 36120 Cotobade (Pontevedra),


O vindeiro 22 de Xullo, a A.C. Os Trazantes de Tenorio celebramos o noso festival no adro de Tenorio (Cotobade). Estamos encantados de celebrar o noso gran día con todos vos. Unha tarde chea de música, baile e moitas sorpresas. Este ano contamos coa presencia dos grupos: "A.C. O Castro" de Baión, "Rancho folclórico e cultural de Tardariz" de Portugal, "A.C. Vides Novas" de Poio, a colaboración da "Asociación doTraxe Tradicional Galego" de Pontevedra, e os anfitrións, a "A.C. Os Trazantes de Tenorio".

Ademais de todo ese espectáculo musical, este ano contamos con diversas novidades. Haberá unha exposición fotográfica da traxectoria do grupo, sorteos, photocall, e ao rematar... haberá un pincho gratuito para todos os asistentes.
Esperámosvos a todos, este sábado no adro de Tenorio, non faltedes!!














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal