>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Presentación do proxecto: Fálame-Enténdote
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 5 / 2 / 09 )





O Sábado 7 de Febreiro, terá lugar o concerto-presentaçom do proxecto Fálame-Enténdote, que pretende ser un encontro musical entre Galiza e Portugal.

O primeiro concerto terá lugar na Sala NASA de Compostela às 21:00hs. a um prezo de 8€, e os grupos serám dous clásicos do Punk Rock, os galegos Skacha e os portugueses Peste&Sida.
 
O proxecto Fálame:Enténdote, pretende ser unha mirada mutua, un encontro agardado e inevitábel, unha aperta cultural; tanto en común, e tantas cousas de aquí  e ala  que os leva a vivir e sentir de costas en todos os ámbitos; económico, social e como non, cultural. Fican na obriga de tentar establecer outras visións na relación, plantexando seriamente como variar esta tendencia isolacionista  establecendo as canles onde poder desenvolver a difusión e interrelacion cultural, partindo da convicción de que o obxectivo primordial da produción cultural galega e portuguesa a súa divulgación mutua; por lóxica económica, estratéxica, e evidentemente por compartir un territorio cultural común.

Dentro do proxecto Fálame:Enténdote creado para a promoción e desenvolvemento de estratexias conxuntas e coordinadas de intercambio, encontro,  promoción, e divulgación cultural entre Galiza e Portugal, pretenden dar os primeiros chanzos coa edición dunha compilación de artistas e bandas de ambos lados da raia, asín como a celebración de  minifestivais na Galiza e en Portugal, todo elo baixo o  nome: Fálame:Enténdote

No eido musical prodúcense as mesmas dinámicas inmobilistas que no conxunto da produción cultural, tendo claro que os problemas de esta incomunicación son mutuos e compartidos, e despois de establecer un diálogo activo nos últimos anos con outras empresas portuguesas do sector, selos, distribuidoras, promotoras; compartindo a visión e obxectivos, apostando pola colaboración e suma de esforzos, nace así este proxecto Fálame:Enténdote.

A Axencia Muxicas encargase da coordinación do proxecto sendo editada a compilación polo selo Falcatruada, na Galiza distribuído por Lonxa Cultural e no Portugal por Compact Records.

A dia de hoxe estas son as bandas que participan:
  • Galiza: Aphonnic, Dios ke te Crew, Taru e  os paxaros coiro, GalegoZ, Aid, The Homens, Som do galpom, Nao, Kastoma, Samesugas, Skacha.
  • Portugal: Bob da Rage Sense, Simbiosis, Peste e Sida, Cartell 70, Humble...





NOVAS RELACIONADAS:



ENCONTRO GALEGO-PORTUGUES AO SON DO PUNK-ROCK DE SKACHA E PESTE E SIDA
http://www.sono-tone.net//novas/encontro-galego-portugues-ao-son-do-punk-rock-de-skacha-e-peste


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal