
Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!! Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 8 de xullo a partir das 21:00h. Nesta XVI edición contaremos coa participación do grupo Pousos da Area de Marín e Andorinhos de Espargo que chegan dende a localidade de Aveiro, no país veciño. Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán coma vén sendo habitual a súa actuación de baile, de gaita e de pandeireta.
E tralo gran éxito acadado nos anos anteriores, repetimos coa RETRO-FOLIADA!!! A partir das 22:30h. gran foliada no Eirado de Cela na que contaremos, ademais de con todos vós, cos seguintes grupos convidados que virán tocar e participar da festa: ACF O Fiadeiro (Vigo), Cantigas e frores (Lugo), A. C. Sadeo (Ponteareas), Faíscas da Pontraga (Tordoia) e traspès (Vigo).
Por suposto, trátase dunha foliada aberta a todo o mundo. Estades todos convidados!!!
Todos aqueles grupos que queiran vir a tocar e/ou cantar, podedes anotarvos de xeito anticipado aquí neste evento ou ben enviando mensaxe privada ao facebook de Retrouso; ou alí no mesmo día da Retro-Foliada.
Haberá bochinche con comida e bebida para repoñer forzas e combater a calor e a sede!!
|