
I Curso de Verán de Acordeón organizado pola AAA da Coruña
Datas (Xullo e Agosto, mércores pola tarde): o Xullo: 5, 12, 19, 26 o Agosto: 2, 9, 16, 23, 30 (Foliada Fin de Curso)
Duración: 13,5 h (1,5 h á semana)
Horario: o Nivel 1: 18.00 - 19.30 h o Nivel 2: 20.00 - 21.30 h
Programa:
o Aprendizaxe de pezas do repertorio tradicional e popular, na súa maioría galego. Introdución de distintos ritmos e xéneros.
o Recursos técnicos e interpretativos moi utilizados na música popular (ornamentación, tipos de acompañamento e variacións na man esquerda, acompañamento coa man dereita, etc.). Aplicación ás pezas a traballar.
o Foliada Fin de Curso, onde compartir e pór en práctica o aprendido festexando xuntos.
Prezo: 75 € curso completo (dous meses)
Anímate a participar, hai prazas limitadas!
INFORMACIÓN E RESERVAS: auladeacordeon.aaa@gmail.com
|