
Venres 30 de xuño ás 21:00h Lareira da Alén. San Cristovo de Cea.
Dicía Xosé Filgueira Valverde que a FOLIADA era unha “reunión de aldeáns para divertirse cantando e bailando”. No diccionario Galego da Rima (1950) apuntábase que era unha “diversión nun souto, eira, turreiro ou casa grande, onde se baila e fanselle as beiras as mozas” engadindo que a denominación de “fiadas” ou “foliadas” ou “filazones” provén da época dos brigantinos, primeiros poboadores de Galicia (Brigo, patriarca da raza primitiva), con motivo das súas cerimonias relixiosas –na que son esenciais os “aturuxos”-, ao final dos cales acendían grandes fogueiras no lubre en sinal de xúbilo e onde continuaban ata máis de media noite con gran animación. Pois imos aló e acollemos o Venres 30 de Xuño (a partir das 21:00 horas e ate que cumpranse 61 minutos do día seguinte) unha FOLIADA PARTICIPATIVA que ten como instigadores Os Viqueiras de Ordes, a Escola de Pandeireta de Maside, a Escola de Gaita de Cea, a Escola de Pandeireta de Partovia e a Escola de Bailes de Maside, xunto con outros varios espontáne@s con todo tipo de instrumentos. Un dos obxectivos da Folidada deste ano, ademáis da festa rachada e espontánea, é reivindicar a condición de patrimonio inmaterial da EtnoGastronomía da Galicia e das Cociñeiras que a construiron o longo de séculos. Asi que, quen veña dispost@ a tocar ou bailar está convidado a cea pica-pica. A participación é libre, pode apuntarse quen queira ainda que o aforo é limitado e daremoslle prioridade as peticións de quenes queiran vir coa idea de cantar e tocar. Para participar, só tendes que enviar un WhatsApp ao 626 40 51 25. A Foliad@len é unha actividade máis das Xornadas Gastronómicas 2017.
|