>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festas de San Xoán en Compostela

(ultima actualización: 23 / 6 / 17 )





XOVES DÍA 22



Desde ás 09h:
Recollida do programa de actividades das Festas de San Xoán en Compostela, o manual de instrucións e o talonario de sortilexios de San Xoán na oficina de Turismo de Santiago

17h a 00h: Apertura do Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos: Mercadiño tradicional coa participación de Sanín Percusión Tradicional, Susi Gesto, Panadería Mazás e Alimentación Divina entre outros, Espazo Palleiro para os máis cativos e zona gastronómica Área Asardiñada coas viandas típicas das festas.

18h: Obradoiro e Roteiro de recoñecemento das Herbas de San Xoán organizado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade. Inscricións no teléfono 981 543 145 ou na seguinte ligazón: http://goo.gl/2LFIZd

18:30h a 19h e 19:30h a 20h. Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego a cargo de Montse Rivera coa música ao vivo de Ariel Ninas á zanfona. Bailes agarrados, xogos de roda e baile solto.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo.

21h Contada de San Xoán a cargo de Celso F. Sanmartín

21:30h aprox. Saída dende a Alameda da comitiva formada pola Raíña Alda e o seu séquito para levar o “Lume Sagrado” do Pico Sacro ata a Praza de Mazarelos. Actividade en colaboración co Concello de Boqueixón e a Asociación do “Castro da Fervenza de Callobre”. O percorrido sae de Santa Susana e transita por Porta Faxeira, Rúa do Vilar, Rúa de Xelmírez, Tras Salomé, Orfas e Cardenal Payá.

22h aprox. Chegada á Praza de Mazarelos da Raíña celta Alda e do seu séquito co “Lume Sagrado” do Pico Sacro.

22:30h Concerto de música tradicional: Pelepau.

00h Peche do espazo.




VENRES DÍA 23 (VÉSPERA DE SAN XOÁN)

17h - 00h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos

17h - 1h: Circulación do Tren Cacharelo polos distintos barrios da cidade que celebran actividades de San Xoán. Saídas ás horas en punto dende o  CGAC

17h - 18:30h Obradoiro e Roteiro guiado para a recollida de herbas de San Xoán coordinado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela. Saída do CIAC ás 17h con chegada á Praza de Mazarelos ás 18:30h. Previa reserva

19h - 20:30h Obradoiro para a elaboración de ramiños de San Xoán coordinado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.

20:30h - 21h e 21:30h- 22h Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego a cargo de Mercedes Prieto co acompañamento ao acordeón de Serxio Cobos. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo.

22:30h Concerto de música tradicional: Habelas Hainas.


00h Peche do Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos e último traxecto do Tren Cacharelo con saída ás 00h do CGAC,

00h. Salto de cacharelas nos distintos barrios da cidade para salvar o meigallo na noite máxica de San Xoán.

06:54 (saída do sol) Roteiro libre por Compostela para cumplimentar os ritos tradicionais da madrugada de San Xoán: “ver bailar o sol” na zona leste da cidade e lavarse a cara “coa flor da auga” na primeira raiola do amencer aproveitando así as propiedades máxicas  que, segundo a tradición, as augas das fontes e os ríos gañan durante esta noite.




SÁBADO DÍA 24 (DÍA DE SAN XOÁN)


 
12h - 15h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos.

12:30h Obradoiro interxeneracional de decoración de pratos de pulpo.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e material.

13h Pasarrúas de música tradicional polo casco histórico: Quinta do Ulla.

13:30h Concerto de música tradicional: Quinta do Ulla.

15h - 17h Peche de espazos para a pausa de mediodía.

17h - 00h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos

18h - 20h Obradoiro de percusión e canto tradicional.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e materiais. Inscricións no Posto de Información dende o xoves 22 de xuño ás 17h. Será necesario confirmar praza presencialmente no Posto de Información dez minutos antes do arranque da actividade.

21h: Obradoiro de elaboración de queimada.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e materiais.
22h-23h. Concerto de música tradicional: Os Carunchos.


23:30h Conxuro con degustación de queimada. Praza de Mazarelos.

00h Peche do espazo e fin do Festival de San Xoán


 


- Máis información das Festas de San Xoán nos barrios aquí

















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal