>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Clara Pino e Pablo Vidal presentan NOWHERE en Compostela

(ultima actualización: 21 / 6 / 17 )





A Casa das Crechas acolle o xoves 22 de xuño un concerto de Clara Pino e Pablo Vidal, no que presentan o seu primeiro traballo xuntos, ‘Nowhere’, que fai referencia aos chamados “non lugares” ou lugares de tránsito.

Xestado e gravado na Ría de Arousa (@ldeaglobal) consta de 18 pistas repartidas en nove cancións e nove textos orixinais que se sitúan entre a tradición e a vangarda, con letras de Clara Pino e músicas compartidas por ambos baixo a produción de Pablo Vidal. Colaboraron como músicos convidados: Mila García (violoncello), Sabela Dacal (acordeón), Rafa Otero (guitarra) e Roi Adrio (percusións).

Os dous autores apostan neste novo proxecto por unha simbiose entre a música autoral e o coidado textual, facendo unha mestura interdisciplinar, entre a tradición e a vangarda, que ten como obxectivo amosar o seu universo musical e literario.

Clara Pino, vocalista, toca tamén a harpa celta. Entre os seus traballos discográficos cabe destacar Sete Saias, Loaira, Un Dedo manchado de tinta (CD que acompaña á novela homónima de Manuel Portas). Ten colaborado en proxectos de Música infantil como: A nena e o grilo nun barquiño de Magín Blanco, Pitusa semifusa de Olga Brañas e Alegría de Sergio Tannus.

Pablo Vidal (contrabaixo e voz) conta cunha longa traxectoria musical como músico e productor que abrangue dende o Jazz, o Rock, á Música orquestral, coral, e infantil. Gravou con numerosos artistas como músico de estudio. Conta con colaboracións múltiples no panorama musical galego: (Uxía Senlle, Sergio Tannus, Magín Blanco, etc.) e forma parte da banda Sons Miúdos. Entre os seus últimos traballos discográficos destacan TATÁN “Chapeu”, Jazz PAGANO (Pablo Vidal Trío), OS RESENTIDOS e o actual CD xunto a Clara Pino NOWHERE.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal