>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Fasenuova + Emilio José en A Coruña

(ultima actualización: 20 / 6 / 17 )





Sábado 24 de xuño ás 20:30h
Nave 1839 · Centro Social Autoxestionado.
Estación de Tren.
A Coruña.


Unha xoia exclusiva para a xentiña á que non se lle vaia a man con ese monstruo masivo e invasivo que é a noite de San Xoán en Coruña. A electrónica oscura de Fasenuova forxou, á beira de Óscar Mulero, o seu LP “Aullidos Metálicos” (Humo, 2016), “a banda sonora da cidade xigante, decorada polos Humanoides Asociados, onde viven homes libres, neuromantes e ciborgs alucinados”. Acompáñanos Emilio José presentando o seu novo traballo, “Nativos Digitais”, unha nova magna obra de 64 temas que mesturan en capas e capas electrónica, política, rap e experimentalidade. Combo irrepetible, ocasión única, en medio da gran resaca anual da cidade. Xa tes a información; as decisións, coma sempre, son túas.

https://somoshumo.bandcamp.com/album/fasenuova-aullidos-met-licos-lp
https://emiliojose.bandcamp.com/album/nativos-digitais-mixtape

Portas 20:30 | Donativo suxerido para as bandas: de 5 a 10 € | A Nave 1839 é unha asociación cultural, e todas as súas actividades son exclusivas para persoas socias, máis información en www.nave1839.org

Cartaz: Jano Ilustra



Nave 1839 · Centro Social Autoxestionado. Estación de Tren. A Coruña.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal