>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Tiruleque nas Lendas da Pena Molexa 2017 en Narón

(ultima actualización: 16 / 6 / 17 )





Sábado 17 de xuño ás 22:00h
Tiruleque.
A Coruña.


O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, organizaron un ano máis un completo programa de actos con motivo da Recreación das Lendas da Pena Molexa. O 17 de xuño será a xornada na que se concentren a maioría dos actos programados e na que se represente a tradicional Lenda da Fada da Pena Molexa. Tanto desde o Padroado da Cultura como desde a entidade veciñal “Os Irmandiños”, convidan á veciñanza a participar nestes actos, dirixidos a todos os públicos e que reúnen cada ano na parroquia do Val un numeroso público co fin de facelo participar nestas propostas relacionadas co patrimonio cultural, etnográfico e antropolóxico de Narón e tamén de Galicia.

Na xornada do vindeiro venres, día 2, terá lugar no local social do Val unha charla tertulia sobre “O patrimonio do Val”, centrada na Pena Molexa como monumento megalítico de gran relevancia. Os encargados de impartir a charla, que dará comezo ás 20.00 horas, serán o arquitecto especializado en Historia Antiga Carlos Sánchez Montaña, e o Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga e arqueólogo do Concello de Narón, André Pena Graña. A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, participará neste acto, no que se proxectará un vídeo realizado pola citada concellería sobre as orixes do Camiño de peregrinación a Santiago de Compostela pola costa.

O segundo dos actos será tamén esta semana, o sábado día 3, cando se programou un Roteiro cicloturista pola parroquia do Val. As persoas interesadas en participar deben estar ás 11.00 horas xunto ao local social, desde donde sairá un grupo en bici para percorrer diferentes puntos da parroquia e coñecer mellor o seu patrimonio.

O vindeiro 9 de xuño terá lugar outra das citas tradicionais da Pena Molexa, a “Andaina solsticial”. Ás 22.30 horas partirá das inmediacións do convento de Baltar un grupo de veciñas e veciños que, ataviados con fachos, percorrerán o tramo comprendido entre as citada construción relixiosa e a Pena Molexa.

Finalmente, o 17 de xuño concentrarase no lugar de Vilasuso, na citada parroquia, a maior parte dos actos da Recreación da Lenda da Pena Molexa. A celebración dará comezo ás 18.00 horas, cunha xornada na que os asistentes gozarán dos xogos populares e do deporte rural. A continuación, sobre as 20.00 horas haberá unha churrascada popular á que seguirá, a partir das 22.00 horas, un concerto de música popular, a cargo do grupo folk Tiruleque. Como xa é habitual neste evento festivo, ás 00.00 iniciarase a recreación da Lenda da Fada da Pena Molexa, un acto que contará coa participación de veciñas e veciños da parroquia do Val que, vestidos para a ocasión, representarán nas inmediacións do castro de Vilasuso e da Pena Molexa a lenda da moura que, nunha noite coincidindo co solsticio de verán, se convertiu en rocha. A festa continuará a partir das 00.30 horas cunha lumeirada e repichoca de música popular.

+info: http://www.naron.es
https://www.padroadodecultura.es



Tiruleque. A Coruña.
Abrir mapa en navegador

- Tiruleque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal