
Sábado 17 de xuño ás 19:00h Centro Social Do Mar De Bueu. Bueu.
Chegou a fin do curso. Tempo de repasar o aprendido e recoller froitos de tanto esforzo. O sábado 17 habemos facer unha mostra aberta da fermosura de músicas que soan nas aulas das Escolas Retrouso, con intervencións das aulas de acordeón, baile, canto, gaita e percusión e A Quinta Ferreña como grupo convidado.
|