>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

III Curso de análise musical en O Fiadeiro (Vigo)

(ultima actualización: 14 / 6 / 17 )





Sábado 17 de xuño ás 10:00h
ACF O Fiadeiro.
R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo.
Vigo.


Curso de introdución á análise de cancións tradicionais
8 horas de duración.

Nº máximo de participantes: 15
Prezo socios 45,00 euros
Prezo non socios 50 euros

Contidos
O sistema de análise comprende os seguintes puntos:
• Aspectos básicos da notación e edición da partitura
• Conxunto de notas, ámbito, escala
• Compás, ritmo
• Cadencias, perfil melódico, forma
• Métrica poética, número de sílabas, forma do texto
• Función, ocasión; outros datos
• Descrición dos xéneros musicais galegos

Como introdución á análise propiamente dita, falaremos de características xerais da música tradicional galega, en especial da canción, e da música de tradición oral en xeral. Prestaremos especial atención á relación entre música e texto. Consideracións xerais sobre as variantes e a variación como elemento esencial da canción tradicional. O traballo con partituras (que cantamos antes de analizalas) será ademais acompañado de audicións musicais.

Obxectivos
• Comprender as estruturas musicais das que se compón a canción tradicional.
• Coñecer algúns dos criterios máis empregados na descrición de repertorios musicais.
• Obter os coñecementos básicos cos que acometer a descrición e clasificación iniciais da música tradicional.
• Obter unha comprensión xeral dos procesos creativos inherentes á interpretación tradicional (fundamentalmente a variación melódica).


Info para público
Queres saber algo máis sobre:
• as variantes dunha mesma melodía e como varían ou improvisan os músicos tradicionais?
• a importancia do ámbito para datar a antigüidade dunha melodía?
• a relación entre música e texto e as distintas formas estróficas postas en música?
• a métrica do verso dunha canción galega e en que se distingue da do verso dunha canción inglesa?

Sergio de la Ossa

Etnomusicólogo, encargado desde 2007 dos arquivos de música tradicional do Museo do Pobo Galego (www.apoi.museodopobo.gal). É mestre especialista en Educación Musical (USC, 1999) e no método Kodály (2010); ensinou música tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, Hungría) entre 2011 e 2015. Ofrece regularmente cursos e conferencias, entre os que destaca a única de temática galega no WOMEX 2014. Participou en publicacións do eido da música e do baile tradicional, como Así fan os bailadores... (Dos Acordes, 2009) ou Repente Galego (Deputación de Pontevedra, 2016) de Ramon Almuinha. Actualmente imparte aulas de teoría no Curso Maxistral da Central Folque. Publica sobre cuestións relacionadas coa análise de música tradicional no blogue www.analisemusical.wordpress.com.



ACF O Fiadeiro. R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo. Vigo.
Abrir mapa en navegador

- O Fiadeiro -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal