
Sábado 10 de xuño ás 11:00h A chave das noces. San Xulián de Pereiramá nº 1. Castroverde.
Obradoiro de percusións tradicionais Percusión doméstica Roteiro polas raíces do folclore a través dos antigos instrumentos do agro, das cociñas e as sobremesas. Técnicas e ritmos galegos, da península ibérica, o mediterraneo e sudamerica, xunto o seu contexto cultural e instrumental. Posibilidades destes ritmos na música tradicional galega. Adaptación nas percusións domésticas de recursos doutros instrumentos como diferentes baquetas, xogos de dedos e ritmos modernos. Exemplos con audios e partituras. Pandeiros, técnicas e ritmos Encontro cos ritmos, sonoridades e contextos culturais de diferentes pandeiros primos e irmáns da pandeireta, o pandeiro e a pandeira galega. Introdución das técnicas e ritmos tradicionais xunto a diferentes aplicacións e posibilidades destes recursos nos instrumentos galegos. Pandeiro brasileiro, kanjira, pandeiros do norte de África e o mediterráneo como o riqq, daff, frame drum e bendir. O principal obxectivo é aumentar as sonoridades e a riqueza rítmica e técnica, abrindo portas cara outros folclores e músicas modernas. Exemplos con audios e partituras. Prezos: 20€(perc. doméstica)//25€(Pandeiros)//35€ xornada completa Inscripcións ata 8 de xuño no telf:658030219 Imparte Carlos Martínez //www.d-raizmusica.com
|