>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Narf, Kérkennai e Miguel Costas xirarán por salas de todo o estado no segundo semestre do programa Artistas en Ruta

(ultima actualización: 1 / 2 / 09 )





Os grupos galegos seguen a protagonizar as temporadas musicais do programa "Artistas en ruta". No segundo trimestre de 2009 Narf, Kérkennai e Miguel Costas xirarán por todo o estado ao conseguir os conxuntos galegos as tres prazas que "Artistas en ruta" destinaba á zona do noroeste peninsular. Tomarán o relevo de A Tuna Rastafari e Zënzar, que están a participar neste programa durante o trimestre actual.


A Consellaría de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, asinou un convenio para colaborar coa Sociedad de Artistas Intérpretes y Ejeutantes (AIE) no programa Artistas en ruta. Este programa, con trece anos de historia, pretende crear un circuíto de inverno consolidado e estable que dea cobertura ás numerosas propostas artísticas de todo o Estado. Para iso, divídese o territorio en varias zonas e os artistas en estilos.

Este programa é unha iniciativa da AIE para fomentar a música en directo en pequenos locais e salas de concertos. "Artistas en ruta" contempla todo tipo de estilos musicais (encadrados en tres grupos: pop/rock, flamenco/canción de autor, e "folk/jazz/novas músicas") coa intención de dar a coñecer por todo o Estado español os novos valores artísticos así como consolidar aos artistas xa recoñecidos.

Das tres opcións que corresponden ao noroeste, para o segundo trimestre de 2009, dúas son galegas: Kérkennai en folk/jazz/novas músicas, Miguel Costas en pop/rock e Narf en canción de autor. As salas integrantes do circuíto son pequenos locais de música ao vivo que desenrolan un papel fundamental no achegamento dos artistas ao público.

O programa conta tamén coa colaboración de: Generalitat de Catalunya, Comunidad de Madrid, Gobierno Vasco, Govern de les Illes Balears e Caja Madrid – Obra Social. RNE Radio 3 e Canal Sol Música apoian o programa mediante a difusión do mesmo.

Os representantes galegos neste circuíto dende os seus comezos en 1995 son tan diversos coma: Heredeiros da Crus, La Marabunta, Os Diplomáticos, Emilio Cao, Budiño, Chouteira ou a Psicofónica de Conxo. Nas últimas convocatorias, os grupos galegos están copando as prazas correspondentes á zona noroeste, o que demostra a boa saúde da música feita en Galiza. En 2008 foron Diego Massimini, Isga Collective, Safari Orquestra, Nadadora e Marful.






NOVAS RELACIONADAS:



G Narf, Kérkennai e Miguel Costas, en `Artistas en ruta´
http://www.elcorreogallego.es/gente-y-comunicacion/ecg/narf-kerkennai-miguel-costas-artistas-ru


Os grupos galegos seguen a protagonizar as temporadas musicais do programa Artistas en ruta. No segundo trimestre de 2009 Narf, Kérkennai e Miguel Costas xirarán por todo o estado ao conseguir os conxuntos galegos as tres prazas que Artistas en ruta destinaba á zona do noroeste peninsular. Tomarán o relevo de A Tuna Rastafari e Zënzar, que están a participar neste programa durante o trimestre.

A Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, asinou un convenio para colaborar coa Sociedad de Artistas Intérpretes y Ejeutantes (AIE) no programa Artistas en ruta. Este programa, con trece anos de historia, pretende crear un circuíto de inverno consolidado e estable que dea cobertura ás numerosas propostas artísticas do Estado. Para iso, divídese o territorio en zonas e os artistas en estilos.

Este programa é unha iniciativa da AIE para fomentar a música en directo en pequenos locais e salas de concertos. Artistas en ruta contempla todo tipo de estilos musicais (encadrados en tres grupos: pop/rock, flamenco/canción de autor, e folk/jazz/novas músicas) coa intención de dar a coñecer por todo o Estado español os novos valores artísticos e consolidar aos xa recoñecidos.

Das tres opcións que corresponden ao noroeste, para o segundo trimestre de 2009, dúas son galegas: Kérkennai en folk/jazz/novas músicas, Miguel Costas en pop/rock e Narf en canción de autor. As salas integrantes do circuíto son pequenos locais de música ao vivo que desenrolan un papel fundamental no achegamento dos artistas ao público. No programa colaboran a Generalitat de Catalunya, Comunidad de Madrid, Gobierno Vasco, Govern de les Illes Balears e Caja Madrid .















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal