
Sábado 27 de maio de 11h a 14h e de de 16h a 20h en Compostela.
Obradoiro de percusións tradicionais Percusión doméstica Horario:11´00-14´00 Pandeiros, técnicas e ritmos Horario:16´00-20´00 Prezos: 20€(perc. doméstica)// 25€(Pandeiros)// 35€ xornada completa Inscripcións ata 26 de maio no telf:658030219 Imparte Carlos Martínez//www.d-raizmusica.com Percusión doméstica Roteiro polas raíces do folclore a través dos antigos instrumentos do agro, das cociñas e as sobremesas. Técnicas e ritmos galegos, da península ibérica, o mediterraneo e sudamerica, xunto o seu contexto cultural e instrumental. Posibilidades destes ritmos na música tradicional galega. Adaptación nas percusións domésticas de recursos doutros instrumentos como diferentes baquetas, xogos de dedos e ritmos modernos. Exemplos con audios e partituras. Pandeiros, técnicas e ritmos Encontro cos ritmos, sonoridades e contextos culturais de diferentes pandeiros primos e irmáns da pandeireta, o pandeiro e a pandeira galega. Introdución das técnicas e ritmos tradicionais xunto a diferentes aplicacións e posibilidades destes recursos nos instrumentos galegos. Pandeiro brasileiro, kanjira, pandeiros do norte de África e o mediterráneo como o riqq, daff, frame drum e bendir. O principal obxectivo é aumentar as sonoridades e a riqueza rítmica e técnica, abrindo portas cara outros folclores e músicas modernas. Exemplos con audios e partituras.
|