>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Obradoiro de Pandeiro Cadrado en Compostela

(ultima actualización: 20 / 5 / 17 )





QUERES APRENDER A TOCAR O PANDEIRO?
Despois dos obradoiros de construcción de pandeiro cadrado que se levaron a cabo nos últimos meses, Cantigas e Agarimos oferta a posibilidade de ampliar os coñecementos sobre este instrumento co obradoiro “O pandeiro cadrado na Galiza”, impartido por Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio Costa. O obradoiro vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas na nosa música de tradición oral, con independencia do seu nivel de coñecemento do repertorio.

Cando: sábado 20 de maio de 2017, de 10.30 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00h (7 horas de duración)

Onde: local de Cantigas e Agarimos. Antigo CEIP Ramón Cabanillas. rúa Castiñeiriño, 21. Santiago de Compostela

Canto: 40 € para membros activos e alumnxs da Escola de Cantigas e Agarimos, 45 € para o resto de participantes.

Como: inscríbete en contacto@cantigaseagarimos.es ou no teléfono 618 518 524. As prazas son limitadas!


- Cantigas e Agarimos -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal