>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

II Concurso de Maquetas Millo Verde 2009
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 31 / 1 / 09 )





Vía komunikando.net

Outro ano máis, e despois da grande aceptación recibida na edición anterior (17 maquetas presentadas), a Asociación Millo Verde presenta o Concurso de Maquetas Millo Verde 2009.
As bases para esta edición son as seguintes:

1. Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galiza ou en Portugal que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscripción dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.
2 . O prazo de inscripción ábrese o 1 de Febreiro de 2009 e finalizará o 15 de Marzal de 2009.
3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.
4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia e que, como mínimo, terán que ser enviados en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail (se se dispón del) e persona de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona na seguiente dirección:

Concurso de maquetas MILLO VERDE 2008
Isidoro Queimaliños, 24
36800, Redondela

Non se devolverá o material recibido.

5. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar a finais de Abril de 2009. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.

6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde 2009, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de Xuño, percibindo 300 € como contrapartida pola súa participación.




NOVAS RELACIONADAS:



Ampliación prazo II Concurso Maquetas - MILLO VERDE
http://milloverde.blogaliza.org/2009/03/12/ampliacion-prazo-ii-concurso-maquetas-millo-verde/


Debido a varias solicitudes formuladas por diversos grupos, e como non desexamos que ningún artista interesado se quede fóra do Concurso, a Asociación Millo Verde decide ampliar en unha semana o prazo de presentación, ata o 22 de marzal, data tope.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal