>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Obradoiro 'Bailar a canda os tempos' en A Coruña

(ultima actualizaci�n: 20 / 5 / 17 )





Sábado 20 de maio ás 17:30h
Fiandon. Libros de vello.
R/ San Roque 11.
A Coruña.


Este sábado pola tarde no Fiandon tedes unha cita co baile tradicional galego. Será un obradoiro teórico-práctico impartido por Carminha Do Porrinho e Chus Caramés, educadoras no ámbito da educación non formal e que actualmente ensinan baile en asociacións como a Gentalha do Pichel ou Itaca.

As mestras convidan a todas as persoas interesadas no ensino e na transmisión a ir bailar con elas e máis a reflexionar sobre o que as anteriores xeracións nos legaron e sobre o que queremos deixar nós ás que virán. Vémonos no Fiandón ás 17.30!

O evento está organizado pola Concellería de Culturas da Coruña dentro da programación do Día das Letras nas librarías da cidade.



Fiandon. Libros de vello. R/ San Roque 11. A Coruña.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal