>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

FestiLetras na Aldea do Couto (Ponteceso)

(ultima actualización: 19 / 5 / 17 )





DOMINGO 14 MAIO

Sesión matinal

12:15 horas. OS BOS E XENEROSOS

Lugar: Igrexa de San Tirso, O Couto.
Ofrenda floral no adro da igrexa de San Tirso.
Rosalía, Curros, Pondal e Inllar co Himno do Antigo Reino de Galicia.
Alba e Francisco Costa interpretan “Ponteceso”.
Entrega do premios ” Bos e Xenerosos” a Ramón Villares, Uxía Senlle, Fundación Barrié, Concha Blanco, Touriñán e Pereiro.
Presenta: Patricia Blanco.

12:45 horas. EXPOSICIÓN DE PINTURA “A CANTIGA DE BUSERÁN”

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Vicky Rivadulla e a voz de Adhara Caamaño (Adhara & Ritman).
Himno Galego a cargo da Coral A Oliveira de Monte Branco.

13:00 horas. SESIÓN MUSICAL

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Escola de zonfonas de Cántigas da Terra, coordinada por Miro Casabella (Lembranza de Saturnino Cuíñas Lois).

Sesión de tarde

15:30 horas. A FADA ROURIZ

Lugar: Dolmen de Dombate, Borneiro.
Itinerario dramatizado por Dombate, Fornellas e Reirís en colaboración coa AA.VV. “A Fonte” de Fornelos con: Yago Espasandín, Tamara Lema e Silvia Losada.

20:00 horas. MARCOS PEREIRO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Monólogo “Como ser armario empotrado”.
Donativo: 3€


LUNS 15 MAIO

Sesión matinal

11:30 horas. FINA CASALDERREY

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Actividade dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Eduación Primaria de Corme e Ponteceso.
“Icía quere cambiar o mundo”.
Coloquio coa autora.

Sesión de tarde

15:30 horas. CÉ ORQUESTRA PANTASMA

Lugar: Biblioteca do CEIP Eduardo Pondal, Ponteceso.
Actividade “A xogar, cantar e bailar” dirixida ao alumnado de educación Infantil de Corme e Ponteceso.

16:30 horas. ASUNCIÓN ANTELO

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Actividade dirixida ao alumnado do IES Ponteceso.
“A voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal”.
Participan: Cristina Abelleira, Lupe Blanco, Silvia Losada, Eloi Vidal, Miguel Calvo e J. A. Andrade
Recital poético da mocidade.
Entrega do premio Berghantiñana.
Visita exposición Asunción Antelo

18:30 horas. LABREGHA BERGHANTIÑANA

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Armando os coros para o concerto con María Xosé Silvar.

20:30 horas. XEOGRAFÍA PONDALIANA

Lugar: Casa dos Veciños, O Couto.
Presentación do libro Xeografía pondaliana de Manuel Ferreiro, arroupado por: Goretti Sanmartín, Rocío Romar e Tino Gómez.

21:00 horas. CONCERTO DE SÉS

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Donativo: 3€

MARTES 16 MAIO

Sesión matinal

10:00 horas. VAL NATIVO

Visita dos clubes de lectura do IES de Monelos.

11:00 horas. VEN BAILAR CONNOSCO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Actividade con música e danza tradicionais dirixidas ao alumnado do CRA Nosa Señora do Faro, a cargo de “PESDELÁN”.

Sesión de tarde

16:00 horas. A GALIÑA AZUL

Lugar: A Galiña Azul, Ponteceso.
Sesión para nais, pais e alumnado da Escola Infantil A galiña azul de Ponteceso, con Fran Rei.

Sesión de noite

23:00 horas. GUADI GALEGO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Concerto “O mundo está parado”.
Donativo: 3€


MÉRCORES 17 MAIO

Sesión matinal

11:00 horas. 35 FESTILETRAS

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Recital cívico baseado na obra dos autores e das autoras homenaxeados/as nestes trinta e cinco anos.

12:30 horas. SESIÓN TERRAS GAUDA

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Actuación musical de Mini e Mero coas letras dos nosos poetas.
Degustación da adega “Terras Gauda”.

Sesión de tarde

16:00 horas. PAISAXE PONDALIANA

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
II Certame infantil de pintura “Álvarez de Sotomayor”.
Pasacalle dos gaiteiros A Fonte de Fornelos.
Cen pequenos/as pintores/as doarán a súa obra a prol dunha causa solidaria.

19:00 horas. OS BOLECHAS NO DÍA DAS LETRAS

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Espectáculo “Unha parada na terra de Pondal”.

20:00 horas. MÚSICA DE TABERNA

Lugar: Bar “Agra de Mares”, O Couto.
Actuación de “No Fílo da Ferreña”.


XOVES 18 MAIO

Sesión matinal

10:00 – 17:00 horas. O REXURDIMENTO: ROSALÍA E PONDAL

Con Xoán Babarro e Ana Mª Fernández.
Sesión de animación á lectura e creactividade poética nas bibliotecas escolares de Ponteceso e de Corme.

11:00 horas. QUEIXUMES DOS PINOS

Visita do IES Chano Piñeiro (Forcarei) para visitar: Dombate, casa de Pondal, Monte Branco, Osmo e Nariga.

Sesión de tarde

16:30 horas. COUSAS DE CASTELAO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Escenificación teatral de “Os Quinquilláns” para veteranos/as.

Sesión de noite

20:30 horas. SESIÓN DELEITE

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Concerto familiar acargo de “De Vacas”.
Donativo: 3€



VENRES 19 MAIO

Sesión matinal

10:00 – 14:00 horas. FESTICIENCIA

Tralas pegadas de Isidro Parga Pondal polo areal de Valarés.
Convidados grupos de alumnos e de alumnas de 6º nivel de Educación Primaria de Cabana, Laxe, Malpica, Ponteceso e Zas.
Obradoiros, observacións e animación.

Sesión de tarde

16:00 – 18:00 horas. NON DÉS A ESQUECEMENTO

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Café da memoria arredor de Titania S.A., documental de Omar Rabuñal.
Representación de “Historias de vida, amor, guerra e case morte” a cargo de Daboapipa.

Sesión de noite

22:00 horas. NOITE DO PRÁCIDO LUAR

Lugar: Pozo da señora en Lagares, O Couto.
Escenificación de “As lavandeiras” a cargo de Daboapipa.

23:30 horas. OS TEMPOS SON CHEGADOS

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Cantos da lusofonía con Uxía Senlle e Joâo Afonso.
Donativo: 3€


SÁBADO 20 MAIO

Sesión matinal

10:00 – 14:00 horas. ESE POBO RENACE, RESURXE, NON MORRE

Lugar: Sede da Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
IV Encontro de Aldeas Singulares.
Percorrido por iniciativas de desenvolvemento do territorio.

Sesión de tarde

16:00 horas. COVA CÉLTICA

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Regueifeiros e regueifeiras de Bergantiños. Documentación e posterior regueifa.

19:00 horas. AS VÉSPERAS

Obradoiros de treboada e posterior pasacalle, coordinados por Oli Xiraldez na praza do Quinteiro.
Clase maxistral do debuxante Luís Dávila no salón da Sede da Fundación Eduardo Pondal.
Pasacalle a cargo de “Xa era hora”.

Sesión de noite

23:00 horas. CARLOS BLANCO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Donativo: 3€



DOMINGO 21 MAIO

Lugar: Carpa Festiletras, O Couto, Ponteceso.

Sesión matinal

11:00 horas. XXXV FEIRA DA ARTESANÍA

Un percorrido polas diferentes artesanías de Galicia con obradoiros participativos de artesanía e xogos tradicionais

ROMARÍA DAS LETRAS

12:30 horas. FOLIADA

Adro, de Baio.
Arrancadeira, de Malpica de Bergantiños.
Os Farrapos do Fol, de Cesullas.
O Son do Castro, de Borneiro.

XANTAR

Sesión de tarde

17:00 horas. MARUXIÑA

Espectáculo de INLLAR baseado na música e danza tradicionais co adubo da poesía de Pondal.

19:00. LUAR NA LUBRE

Concerto, entrada de balde.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal